Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un ano en defensa dos Pendellos

A asociación Baluarte puxo en marcha a redacción dun documento sobre o recinto feiral, así como a celebración de actividades e de reunións con entidades públicas

Un dos actos celebrado por Baluarte dos Pendellos no recinto feiral este ano.

O colectivo Baluarte dos Pendellos cumpre un ano na defensa e na posta en valor deste recinto agoladés. Un ano no que a asociación comezou a andar tras a desaparición do grupo Amigos dos Pendellos. Varios membros da directiva deste colectivo foron os que decidiron poñer en marcha un novo proxecto que impulsase e dese a coñecer o potencial que ofrece este espazo, así como a súa singularidade e a súa historia. Desta maneira fundouse Baluarte dos Pendellos que nun principio agrupou a unha decena de persoas e que agora, tras doce meses de actividade, compoñen un total de 279 socios.

Neste tempo, o traballo, segundo apuntan desde Baluarte, foi "menos ruidoso e con máis tranquilidade pero sen pausa" . O colectivo apostou por facer ver, sobre todo as institucións públicas, a necesidade de que se actuase neste lugar que din único no noroeste peninsular. Para iso confeccionaron un amplo dossier no que se explica a historia, a evolución, as actuacións que se fixeron e as que son necesarias para a rehabilitación integral do espazo. Un documento que serve como non só como mostra do traballo realizado pola asociación, senón tamén como un escaparate.

Con isto, Baluarte comezou a realizar unha rolda de entrevistas coas administracións públicas na busca de financiamento. O colectivo xa mantivo encontros co Concello de Agolada e tamén coa Deputación de Pontevedra, propietaria da maior parte do recinto, nesta última celebrada o pasado 29 de marzo, achegóuselle ao vicepresidente Xosé Leal, o dossier e unha solicitude de actuacións para contemplar a restauración do recinto e poñer en uso os mesóns. Tamén defenderon a celebración da feira municipal do 12 de cada mes no espazo, "fórmulas que quedaron en estudar para facer viable algunha intervención", aseguran dende a asociación. Ademais disto, prevén solicitar un encontro tamén coa Consellería de Cultura coa mesma misión que cas anteriores, aínda que indican que ao conselleiro Román Rodríguez xa lle fixeron chegar os súas peticións nunha visita que tivo ao lugar antes das últimas eleccións autonómicas.

Para comprobar a súa singularidade, dende a asociación están levando a cabo un rigoroso estudo no cal se están a catalogar os recintos da feira non só de Galicia, senón tamén da parte occidental das comunidades de Asturias e Castela e León. Un total de 83 recintos xa foron verificados "pero ningún coma o de Os Pendellos, con insto pretendemos resaltar aínda máis o espazo", explican. Outra das intencións que procuran dende Baluarte é instar a Deputación a formación de un patronato que se encargue da dinamización do lugar, "un ente supramunicipal que xestione o espazo. Aínda que vemos difícil isto, xa que Deputación non está apostando pola creación de patronatos", apuntan.

Compartir el artículo

stats