A unidade móbil de doazón de sangue estará hoxe e mañá na Estrada. O horario de atención durante as dúas xornadas será dende as dez da mañá ata as dúas da tarde, e de catro da tarde a nove da noite. O autobús estará aparcado a carón do consistorio.