Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Beatriz Fernández Lorenzo: "Os residuos orgánicos son o 40% dunha bolsa de lixo que vai ao vertedoiro"

"A compostaxe permite producir un abono de calidade e pódese facer in situ"

Beatriz Fernández Lorenzo, ayer, en Lalín. // Bernabé/Javier Lalín

A cantidade de lixo que producimos diariamente estase a converter nun problema que a humanidade segue sen controlar. A separación dos residuos e a súa reciclaxe son as mellores medidas que se poden adoptar para combater problemáticas como o cambio climático. A compostaxe é unha medida á que cada vez máis persoas se suman. E, neste senso, a Deputación de Pontevedra promove un programa, o Plan Revitaliza, onde mestres composteiros axudan e conciencian aos cidadáns sobre este proceso.

-Cal é a tarefa dunha mestra composteira?

-Hai 18 mestres composteiros na provincia de Pontevedra e estamos repartidos máis ou menos por concellos. Eu estou no concello de Caldas de Reis porque non se conseguiron abrir os centros de compostaxe que ía a desenvolverse en Lalín. Nós atendenmos estes centros de compostaxe situados nos centros das vilas onde os veciños poden traer a materia orgánica que sae dos seus fogares para poder facer compostados. Atendemos estes centros para que leven a cabo o seu funcionamento sexa o correcto. Entre outras cousas revisamos que o aporte de estructrante sexa o adecuado. O estructurante son restos de poda que se trituran e se inclúes a ese residuo orgánico para aportarlle estructuro, para restarlle humidade e que entre osíxeno. Tamén facemos labores de mantemento, tales como trasbases ou remexidos e ademais realizamos labores educativas e de concienciación ao cidadán e incluso nos centros escolares. A maiores de iso, tamén desenvolvemos plans de xestión de residuos para as administración locais.

-Como se converteu nunha mestra composteira?

-Principalmente por vocación, sempre estiven interesada en aqueles aspectos como a conservación do medio ambiente, desde pequena. Fixen o exame para ser bolseira do plan da Deputación e logo un curso de formación, o cal tamén superei para conseguir a beca.

-A compostaxe que se produce repártese?

-O compost que se saca dos centros de compostaxe repártese para os veciños que o queiran. Se os veciños non o precisan pois lévao o concello, aínda que é moi estraño que sobre compost.

-Que beneficios trae este proceso?

-O principal beneficio é que o residuo orgánico, pasa de ser propiamente un residuo a ser un ben aproveitable. O compost é un abono de gran calidade que os veciños poden utilizalo nas súas hortas ou ben nas macetas da súa casa. Ademais, o residuo non é necesario trasladalo, trátase in situ e non ten que recorrer centos de quilómetro.

-Cada vez coñécese máis que é a compostaxe ou aínda se descoñece?

-Cada vez coñécese máis, pero parece mentira que despois de tantos anos no que nos levan dicindo como temos que separar os residuos, como é a reciclaxe. Parece mentira que aínda haxa xente que sexa totalmente descoñecedora deste proceso.

-Queda moito que facer en canto a concienciación?

-Queda moito que facer porque dunha bolsa de lixo, aproximadamente o 40% é residuo orgánico, e neste momento a inmensa maioría está indo a incinerar ou ao vertedoiro. Polo tanto ese recurso estase perdendo, porque aínda que empezamos en Pontevedra cos centros de compostaxe, pois hai que abrir en moito máis e abrir algunha pequena planta de compostaxe industrial e aínda queda moito por facer.

-En Lalín non se abriu o centro de compostaxe a pesar do apoio da cidadanía.

-Sí que había apoio dos veciños, fíxose unha campaña con unha recollida de firmas que apoiaba que se abriran. Íanse abrir catro centros pero o goberno actual non conseguiu os apoios para a construción das bases, xa que son necesarias unas bases drenaxes, por debaixo, e non o conseguiron.

-Por que non se recicla ben?

-Nós non reciclamos. Na nosa casa o único que poderíamos facer é reciclar a materia orgánica, porque no resto dos materiais, tanto o vidro como os envases, o único que temos que facer é separar. Nós temos que separalo nas nosas casas para que despois unha empresa o recicle e obteñamos materia prima. O motivo polo que non se fai é diverso. Hai aqueles que é totalmente descoñecedor, hai aquel que non lle importa, porque temos esa cultura de que xa o farán outros, e non é verdade porque se non separamos os lixos das nosas casas, logo é moi difícil que nunha planta de valorización se poida chegar a separar. No caso da materia orgánica, por exemplo, xa sería imposible. Hai outra xente que quere separar pero aínda lle faltan coñecementos e pensa que no contedor amarelo poden ir toda clase de plásticos, cando non é así, porque só é para os envases, bricks e as latas, pero non podemos botar unha persiana por ser de plástico.

Compartir el artículo

stats