26 de febrero de 2017
26.02.2017
Entroido 2017

Entroido en Deza 2017 | Trump triunfa na Bandeira

O presidente dos Estados Unidos, os 300 días sen goberno en España e o carril bici da rúa Lourás protagonizan o Alto dos Xenerais

26.02.2017 | 08:39
Numeroso público arroupou o desfile polas rúas da Bandeira. // Bernabé/Javier Lalín

A Bandeira demostrou, unha vez máis, que é posible pasar máis de 24 horas entregados a Don Carnal. Se o venres pola noite a Vellada e o Tractor Filloeiro ensinaban o lado máis doce destas festas, onte foi o turno da sátira, co Alto dos Xenerais infantil e adulto, no que participaron 18 personas. Tampouco faltaron os cabezudos nin o baile de disfraces.

É, sen dúbida, o personaxe máis imitado do Entroido deste ano. Ao presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, sáenlle clons en todos os desfiles de disfraces, e non se sabe se é polo seu particular tupé, a proba de refachos de vento de 180 kilómetros por hora, ou polo seu discurso rancio e a medio camiño da demagoxia, o racismo e calquera tipo de intolerancia. Así que este persoeiro non podía faltar nas arengas do Alto dos Xenerais da Bandeira. As coplas que mereceu o político desataron as risas de todo o público, que tamén disfrutou das referencias ós 300 días que botou España durante o ano pasado sen que se formase goberno ou, xa no ámbito local, dos cambios aos que tivo que someterse a rúa Lourás, precisamente na Bandeira, para dispoñer primeiro dun carril bici e despois ter que renunciar a algúns tramos deste para, a cambio, contar con máis prazas de aparcamento. Este ano, entre nenos e adultos, participaron 18 personas no Alto. Son, sen dúbida, a principal atracción do Entroido da Bandeira. Pero a vila conta, dende vello, con outros reclamos que ao longo do día invitan a vivir o seu carnaval. Así, pola mañá, tivo lugar o pasarrúas cos cabezudos, ao que seguiu unha representación con Títeres Cachirulo, As Xeneralas da Ulla, que tamén puido verse noutras localidades nas que se mantén vivo o Entroido da comarca do mesmo nome. A actuación tivo lugar na Praza de Juan Salgueiro. Pola tarde organizouse o desfile e, xa ben entrada a noite, houbo un baile de disfraces no pavillón, amenizado polo dúo Diseño e o trío Manhattan. A entrega de premios, 1.600 euros en total, foi case xa de madrugada.

Salgueiros, a próxima cita

Na comarca poderase disfrutar dun novo Alto dos Xenerais na parroquia cruceña de Salgueiros. Será o vindeiro domingo, 5 de marzo, a partires das 16.00 horas. Por primeira vez en moitos anos, en Piloño, tamén en Vila de Cruces, hoxe non se festexa o seu Entroido. Desde a asociación Cornamentas de Piloño explícase que faltou xente, e tempo, para organizalo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Deza

El Estudiantil suma un punto que sabe a poco en su visita al campo del Sofán

El Estudiantil suma un punto que sabe a poco en su visita al campo del Sofán

Los de Gelucho gozaron de las mejores ocasiones para ganar

El Obradoiro Silleda se estrena en el pabellón César Fares con una victoria

El Obradoiro Silleda se estrena en el pabellón César Fares con una victoria

Los de Oriol Junyent impusieron su mayor ritmo ante un rival con una rotación corta

El Mimela arrolla a un mermado Seis do Nadal

El Mimela arrolla a un mermado Seis do Nadal

Los estradenses vencieron por 83-53 en un choque que sentenciaron en la primera parte

El Estradense busca prolongar su buena racha ante el Moaña

El Estradense busca prolongar su buena racha ante el Moaña

Mariano no podrá contar con los lesionados Pignol, Óscar Boo, Vicente y Santi ä El choque se...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Deza-Tabeirós-Montes

Sabucedo vivirá el próximo fin de semana su III MUSA
Sabucedo vivirá el próximo fin de semana su III MUSA

Sabucedo vivirá el próximo fin de semana su III MUSA

Conjuga etnografía, gastronomía, deporte y diversión para desestacionalizar su tirón turístico

La sequía obliga a los caballos de Sabucedo a bajar hasta las aldeas para buscar agua

La sequía obliga a los caballos de Sabucedo a bajar hasta las aldeas para buscar agua

Rapa das Bestas teme el alto riesgo de incendios ante la escasez de lluvias y la gran carga de...

Callobre vuelve a pasar lista

Callobre vuelve a pasar lista

La primera reunión de exalumnos de su antigua escuela congrega a 140 personas

Doade abre camiño ao turismo cultural

Doade abre camiño ao turismo cultural

A segunda ruta homologada do municipio, de 14 quilómetros, permite visitar o castro escavado e...

Unas veinte hectáreas ya acondicionadas

En los últimos tiempos, Rapa das Bestas ha impulsado la limpieza de unas veinte...

El 061 moviliza un helicóptero para cubrir un traslado en Catasós

El dispositivo de urgencias del 061 movilizó a mediodía de ayer el...

Enlaces recomendados: Premios Cine