| O Concello de Lalín iniciou onte en colaboración co xeógrafo Antonio Presas, a Asociación Cultural A Nosa Escola de Soutolongo e a empresa Maxideza unha serie de actividades divulgativas polos centros de ensino do municipio aproveitando a carroza de título "A construcción dunha mámoa", coa que Asociación Cultural de Soutolongo participou na Feira do Cocido. Onte acudiron rapaces dos CEIP Manuel Rivero e Xesús Golmar, e tamén do colexio Sagrado Corazón.