Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Hai que ser humildes e saber xestionar os éxitos"

-Que conclusións saca do algo máis dun ano que leva como concelleiro do goberno?

-De contrastes. A nivel persoal un renuncia a moitas cousas e a nivel político de asumir unha responsabilidade grande, tanto coa miña formación do BNG, que unanimemente me elixeu, e tamén por formar parte dun proxecto de cambio. É ilusionante, con toda a súa complexidade, porque somos un goberno de catro formacións políticas e temos as dificultades lóxicas, máis agora que estamos en minoría. Pero somos sabedores desta dificultade engadida que temos polo pacto entre o PP e o tránsfuga. Esa coalición de boicot ao goberno e de destrución masiva dos intereses xerais. Cada vez está máis asentada a xestión do goberno, percíbese mellor pola cidadanía, pero hai que ser moi humildes e saber xestionar os éxitos tamén.

-¿En qué cambiou Lalín nestes vinte meses?

-En temas sustanciais como a participación. Non me gusta dicir que en democratización, porque estaría dicindo que antes había unha ditadura e non afirmarei iso. Pero conseguimos a elección democrática dos representantes dos veciños do rural, que a xente opine o que pensa sen problemas, que se autoorganice, medidas para regular a participación da cidadanía nos plenos. Dixemos que non apostariamos por macroproxectos e si por atender as demandas reais da cidadanía. Creo que centramos ben o tema do gasto e ver con xustiza a que hai que destinar aos recursos públicos. Queda moitísimo por facer, non hai que caer na autocomplacencia, e a xente ten que esixirnos máis, porque iso faranos aínda mellores. Lalín é hoxe un concello máis aberto, máis participativo e máis transparente.

-Está superada a crise con APAC?

-Nin eu nin a miña organización perdemos un segundo neso, pola miña parte non hai ningún problema e creo que o tempo avala as palabras que dixemos e cada un ten perspectiva para analizar o que pasou.

Compartir el artículo

stats