Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Alfredo Espiño: "Un atranque de home e muller dá máis xogo"

"Os Xenerais de Lamela non facemos crítica política, senón que nos metemos uns cos outros"

Alfredo Espiño, durante o desfile. // Bernabé/Gutier

É o presidente da Asociación de Xenerais de Lamela (Anxela), un colectivo que comezou a andar fai case dous anos e que serviu para dar oficialidade a un grupo de amigos que, desde tempo atrás, se repartía para organizar o desfile e o Alto dos Xenerais.

-A tradición dos Xenerais de Lamela remóntase a ben entrado o século XIX. ¿Cómo foi a súa evolución ata hoxe?

-Tras un parón, a principios do século XX volvéronse recuperar, con xenerais como O Calixto, que era meu bisavó, José Collazo Villaverde. Durante a Guerra Civil desapareceu de novo o Entroido, para despois vivir uns anos álxidos con Agustín de Panadeiro, Perfecto de Calva ou Constantino Sueiro. Era habitual que estes tres se enfrontasen ós Xenerais da Bandeira, como Servando, e que incluso acudisen todos ó Entroido de Pontevea para escenificar as súas batallas dialécticas. Despois destes bos tempos, volveu haber un novo parón, ata que fai 15 ou 16 anos os veciños organizaron un desfile de cinco carrozas, sen xenerais, que ó ano seguinte xa acudiron.

-¿En qué se basearon para elaborar a vestimenta?

-Puidemos recuperala a través de fotos, e tamén nos inspiramos en revistas e debuxos que nos gustan, como é o caso do faxín. Agora mesmos dispoñemos de dúas chaquetas herdadas dunha asociación de veciños e doutras dúas que confeccionamos grazas ós fondos que había e á axuda do Concello. Ademais, hai unha rapaza, unha xenerala, que o ano pasado estreou unha chaqueta pagada do seu peto. A estes cinco xenerais seguramente se sumen outros tres este ano.

-Fala dunha compañeira xenerala. ¿É cada vez máis frecuente a participación feminina?

-Nós temos bastantes: tén habido dúas mulleres que fan de correo, outra de centinela e dúas de xeneralas. Fan o evento moi vistoso, de feito, penso que un atranque entre un home e unha muller dá máis xogo, porque tén máis picaresca.

-¿Quén escribe as coplas e sobre qué versan?

-Cada un escribe as súas arengas, e levamos case un mes ensaiando. O correo ou centinela fala de política local, os segundos de política autonómica e, para que a xente non se aburra, os que están dacabalo métense un co outro. É o que diferencia o Entroido de Lamela, pois noutras zonas céntranse na crítica social ou política, pero nós non, podemos burlarnos do rival porque tén moza, ou porque non a tén, por exemplo.

-¿Hai menos improvisación agora que antes?

-Antigamente había máis improvisación, levaban entre 10 e 12 arengas preparadas e ó longo do atranque iban improvisando.

-¿Qué ocorre se un queda en branco, de súpeto?

-Pasoume unha vez nunha demostración en Turisport, cunha arenga que non era miña. Non ocorre nada, porque a xente aplaude e anímate.

Compartir el artículo

stats