É moi importante, asimesmo, considerar a vexetación arbustiva e herbácea como vexetación de ribeira a todos os efectos. É dicir, deberase ser extremadamente coidadoso coas solicitudes de "desbroce e limpeza" que puidesen encubrir cortas a matarrasa da vexetación arbustiva. Como norma xeral, deberanse evitar as cortas de arbustivas en épocas de nidificación e cría, polo menos no período comprendido entre abril e xuño, ambos incluidos.

A corta non pode realizarse nunca antes de dispoñer do permiso da administración, por moito que este xa fora cursado, pois a presentación da solicitude non implica o otorgamento automático da mesma. No impreso que debe cubrirse por parte do solicitante han de especificarse non so as especies a cortar e o seu número, senón tamén o diámetro, altura media e estado das mesmas. O informe debe gozar da conformidade do axente ou vixiante do río onde están as árbores.