28 de diciembre de 2016
28.12.2016

SOS Medelo!

O albergue de peregrinos leva anos aberto a vándalos e espoliadores; mandamos un rogo ás administracións que corresponda para que eviten a completa ruína destas espléndidas instalacións

28.12.2016 | 12:44
El albergue de peregrinos de Medelo, abandonado. //D. González Alén

Que alguén faga algo, xa! As instalacións do Albergue de Peregrinos de Medelo (Silleda) corren serio perigo de destrución da man dos vándalos e espoliadores que agora gozan de entrada franca para comezar os desmáns, a rapiña e a barbarie. O Concello de Silleda en primeira instancia, o Xacobeo-Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, terán que facer algo por evitar a completa a ruína destas espléndidas instalación sumidas dende hai anos no abandono.

Pena, rabia e impotencia foi o que sentimos cando días pasados por un casual nos achegamos a estas magníficas instalacións que en 1997, vai para 20 anos, inauguraran Manuel Fraga e Pérez Varela -os mesmos da Cidade da Cultura do Gaiás compostelán- ao abeiro do Xacobeo para cámping e albergue de peregrinos. Con 1.300.000 euros de inversión,3 hectáreas de superficie e 460 prazas, funcionou tan só catro anos da man dun concesionario para logo comezar os desacordos, os preitos xudiciais e o peche definitivo quedando finalmente abandonado vai para catro anos. No fracaso desta iniciativa encamiñada ao fomento do turismo en Deza, puido ter que ver o feito de que as instalacións ficaban a varios quilómetros do camiño de peregrinación a Compostela, nunha zona de escasa poboación e nulos servizos, a pouco máis de cen metros da vía do ferrocarril que enchía de ruído esta tranquila paraxe da parroquia de Mánduas.

Pechado hai anos, en febreiro do presente, anunciaron os xornais unha reunión entre a SA Xestión do Xacobeo e o Concello de Silleda para que este último se fixera cargo destas instalacións, ás que, logo de abrirse un albergue de peregrinos en A Bandeira, habería que buscar outra utilidade. Non sabemos que houbera resultados nese encontro. Mentres, o estado de ruína segue avanzando: os bungalows de madeira hai tempo que desapareceron, as rúas énchense de toxos e xestas, as silvas apodéranse das dúas piscinas, á recepción non é o único lugar de entrada, xa que os vándalos forzaron varias ventás, os colchóns apodrecen, a cristalería do restaurante serve para os botellóns dos intrusos que colan nas instalacións, o parque infantil apodrece, as vaixelas e mobiliario que aínda queda, pode desaparecer en calquera momento.

Por iso, aínda que nós non somos quen para denunciar nin requirir, pedimos a quen teña poder e capacidade de manobra faga algo para evitar esta lamentable desfeita. Ao amigo Matías Rodríguez da Torre, concelleiro de Silleda; ao alcalde Manuel Cuiña; á exsenadora Paula Fernández Pena; ao deputado Pablo García; e ao conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda Valenzuela, con ascendencia na zona,mandamos un rogo para que se impriquen no asunto e medien diante quen corresponda. Esta desesperada crónica que testemuñan as fotos que publicamos mostra que imos cara unha perda irreparable destas magníficas instalacións, coma xa aconteceu co Club Fluvial de Portodemouros hai pouco tempo sen que alí ninguén fixera nada por evitalo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Deza

El estradense Carracedo participará en el Rally Princesa de Asturias

El estradense Carracedo participará en el Rally Princesa de Asturias

Mañana tomará la salida en el RallyMix de Piñor a bordo de su Renault 5 Gt Turbo

Christian Costoya alcanza un quinto puesto en Leiría

Christian Costoya alcanza un quinto puesto en Leiría

| El joven piloto trasdezano Christian Costoya participó el pasado fin de semana en la...

El Coreti Lalín femenino comienza la pretemporada

El Coreti Lalín femenino comienza la pretemporada

El Coreti Rugby Lalín femenino inició el pasado miércoles los entrenamientos...

El Atlético Estrada femenino inicia la preparación de su segunda temporada

El Atlético Estrada femenino inicia la preparación de su segunda temporada

El único club de fútbol femenino de la zona ha ampliado su directiva y su cuerpo técnico

Arón Lorenzo sube al podio en el Gran Premio Albariño

Arón Lorenzo sube al podio en el Gran Premio Albariño

El Club Ciclista Estradense se desplazó el pasado fin de semana hasta Cambados para...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Deza-Tabeirós-Montes

Celebración del acto conmemorativo en el Centro Gallego.
La Habana honra a Jesús Barros

La Habana honra a Jesús Barros

Fue hijo de un vecino de Rubín y figura emblemática en la colectividad española de Cuba

El recibo de la contribución urbana en Lalín aumentó un 126% en los últimos veinte años

El recibo de la contribución urbana en Lalín aumentó un 126% en los últimos veinte años

El importe medio pasó de 58 a 131 euros -El principal salto se produjo en 2004 al aprobarse la...

El concello asesora a 170 personas sobre la regularización catastral en un día

El concello asesora a 170 personas sobre la regularización catastral en un día

Tramita 50 alegaciones dentro de un primer envío de 700 notificaciones

Las barracas de As Dores dispondrán de 59 espacios en la urbanización de O Regueiriño

Las barracas de As Dores dispondrán de 59 espacios en la urbanización de O Regueiriño

El Concello abre hoy, durante 15 días, la reserva del espacio público -El montaje de las...

Cortan al tráfico el entorno de Matemático Rodríguez por las obras de humanización

Cortan al tráfico el entorno de Matemático Rodríguez por las obras de humanización

-La circulación se desvía por las calles anexas -La rúa seguirá abierta al tráfico como antes

O Carrio, unha fonte de xacementos

O Carrio, unha fonte de xacementos

Elixio Vieites e Antonio Presas barallan a hipótese de que os novos achazgos se sitúen antes da...

Enlaces recomendados: Premios Cine