A Fundación Eira da Xoana celebra mañá a chegada do olsticio de inverno cunha xornada lúdico festiva onde os asistentes compartirán, ademáis de vivendas, un banquete de confraternización.

Os impulsores do evento celebran a "festa do sol" a partir das 17 horas de mañán cun programa cheo de actividades. Entre os actos que se desenvolverán en Ramil, onde se ubica a sede do colectivo, estará o apalpador, o contacontos Lois Pérez, Mini e mero, Raúl Galego e Valdi, unha actuación de Herba Grileira,e tamén do grupo musical Bico da Balouta. Así como tamén o recitado de poemas. Durante a realización das actividades realizarase unha merenda de confrafernización na que cada asistente pode levar as súas viandas para degustar alimentos de todo tipo.