A igrexa parroquial de Silleda acolleu onte, na misa dominical, a celebración solemne da festividade da súa patrona, Santa Baia, que se conmemora cada 10 de decembro e que este ano coincidiu coa I Festa Gastronómica do Porco. Os actos litúrxicos, presididos polo párroco José Pérez Barreiro, culminaron cunha procesión ao redor do templo presidida pola imaxe da santa. Os asistentes desfilaron ao son da música que tocaban os compoñentes da agrupación local Aires de Trasdeza.