Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"No norte de Europa hai máis mulleres mortas"

-Hai esperanza de rematar algún día co machismo?

-Como che decía antes, eu penso firmemente que a cultura é o único que nos pode salvar. O primeiro informe que se fixo en Alemania sobre violencia de xénero desvela que hai 300 mulleres asesinadas pola violencia machista. Está claro que no norte de Europa hai máis violencia de xénero que aquí, con máis mulleres mortas por esta causa. Non pensemos que fóra todo é maravilloso.

-Agarda moita afluencia de público neste pioneiro clube de lectura feminista lalinense?

-Se teño que ser sincera, non. Pero, bueno, cando empecei en Silleda tamén pensaba que estaríamos tres ou catro, e cando cheguei eramos dez ou doce persoas. Sei de xente que xa me dixo que quería apuntarse e que quere ir. Aparte que esto non é obrigatorio, ti podes ir un mes e ao mes seguinte non aparecer porque tampouco se trata de estar todos os meses asistindo a este tipo de actividade porque entendo que hai meses que estamos máis apurados. Tampouco quero ser a responsable do clube todos os meses, quero que a xente se anime a que unha persoa distinta coordine cada mes o clube de lectura.

-Cal vai ser o método de traballo neste clube?

-Un clube de lectura serve para que cada persoa asistente verbalice a súa propia lectura dunha obra. O bonito deste tipo de experiencias e que cada participante ten unha lectura diferente do mesmo libro. Aprendes moitísimo falando da obra coas outras persoas que están no clube porque cada un vaise fixar nun detalle que ao millor se che escapou ou ter una versión completamente diferente dunha páxina ou dunha frase. Hai cousas que a uns lles afecta e a outros non... O bonito dos clubes de lectura é que son moi enriquecedores. A lectura non é unha lectura silenciosa, senón que se converte nunha lectura a voces entre todos, e entre todos apréndese moitísimo, algo que estrana aos alumnos cando comezan.

Compartir el artículo

stats