Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Obras con penitencia de purgatorio

Os traballos nunha pista da Veiga afectan ao entorno do único peto de ánimas que hai en Lalín -Expertos aseguran que é o único "eucarístico" que se coñece en toda Galicia

Estado anterior de monumento. // Roteiros de Lalín

Na parroquia lalinense da Veiga atópase o único peto de ánimas de todo o termo municipal e dos poucos que, estudosos do patrimonio artístico, aseguran que hai na bisbarra dezá. Hai uns oito meses o Concello fixo uns traballos de desbroce no entorno deste monumento, que estaba parcialmente cuberto de fentos e máis maleza. Pero hai aproximadmente un mes, segundo denuncian varios veciños de Lalín, puxéronse en marcha unhas obras para acondicionar unha pista que pasa á beira deste peto de ánimas, traballos que se acercaron demasiado á base do monumento.

As críticas ao Concello oriéntanse na conveniencia de actuar con máis sensibilidade e, se ben a estrura do ben patrimonial non resultou afectada, si é certo que tralas obras feitas semanas atrás quedou aillado no medio dun terreo en maior protección; é dicir, semella máis un elemento construtivo habilitado como se fora unha rotonda para regular o paso de veículos. Entre as pedras que conforman a súa base está pendurada una vara de plástico que sostén un cordel, sen utilidade aparente.

Este elemento patrimonial foi un dos atrativos do trazado Ponte dos Cabalos de Roteiros de Lalín. A Veiga linda con Alperiz, núcleo onde está o conxunto megalítico do Altar do Sol. O peto de ánimas da Veiga sería o único caso existente en Galicia dos chamados petos eucartísticos por amosar o cáliz e a hostia como úncia representación gráfica.

Compartir el artículo

stats