Un estudo editado hai dous anos pola Deputación de Pontevedra, autoría de Manuel Gonzalo Prado González,facía refrencia ao vasto patrimonio artístico da bisbarra dezá. Pero xa antes o anuario 'Descubrindo', nun traballo de Cecilia Doporto, daba conta de que en Lalín había máis de 70 cruceiros e petos de ánimas. O máis antigo, precisamente recén rehabilitado polo Concello, está en Lalín de Arriba e data de 1675. Outros destacados están nas parroquias de Anzo (no lugar de Outeiro) e Noceda, os dous de 1709, así como o de Catasós (1737), Moneixas (1763) ou o de Donsión (1789).O de Donramiro non está catalogado por data. A partir do século XIX multiplícase dun xeiro notorio a construcción de cruceiros, con 43 exemplares, dos que solo tres conservan a súa inscripción: Madriñán (1814), Galegos (1889) a A Veiga (1885). Nas construccións con máis de 100 anos solo están firmados polos seus autores o de Goiás, esculpido por Manuel González Perdiz e o da Veiga, de Francisco Otero. Os máis recentes, do século XX, están en Cangas, Filgueira, no polígono Lalín 2000, Botos, Santiso, A Xesta, Albarellos ou Bermés.