01 de diciembre de 2016

Dos trobadores aos San Martiño

Jesús Mayo, Viravolta Títeres e Salvador García-Bodaño reciben os premios de normalización lingüística da Estrada que outorga O Brado

01.12.2016 | 02:50
García, López, Mayo, García-Bodaño, Álvarez, García e Balado, onte, no Teatro Principal. // Bernabé / Adrián Rei

A da Estrada é unha terra na que agroman fermosos froitos vencellados ao amor pola lingua. Nela naceron dous dos primeiros trobadores galegos, Pai e Pero Vello de Tabeirós. Así o recordou onte Salvador García-Bodaño na entrega dos premios de normalización lingüística San Martiño, outorgados polo Brado, e que tamén recibiron Jesús Mayo e Viravolta Títeres.

Nas fértiles terras da Estrada -bañadas polo Ulla e ás que se referiu o poeta, narrador e membro da Real Academia Galega Salvador García-Bodaño no himno da Estrada que escribiu por encargo do seu amigo, o "médico dos pobres" Manuel Reimóndez Portela, cando era alcalde- teñen agromado fermosos froitos vencellados ao amor pola lingua galega. Nela naceron dous dos primeiros trobadores de Galicia. Os irmáns Pai e Pero Vello de Tabeirós destacaron durante o apoxeo do trobadorismo do galego-portugués, no século XIII. A eles se referiu García-Bodaño ao recibir onte o Premio San Martiño á normalización durante toda unha vida. É un "motivo máis" para sentirse "unido á Estrada", terra da que enxalza a súa "fermosura natural" e a súa condición de berce de galeguistas. Tamén lle unen a ela "amigos" e o nomeamento de socio co que o honrou a asociación galega más antiga do mundo, a Asociación de Fillos da Estrada na Habana.

Onte, unha vez máis, A Estrada volvía a distinguilo cun galardón moi prezado, o da normalización lingüística, que a asociación cultural O Brado outorga dende hai 26 anos. Nun acto presidido polo alcalde José López e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, foi premiado na modalidade de A Estrada e comarca un párroco moi querido: o titular de San Xiao e Baloira dende 1963, Jesús Mayo Brenlla. Arroupado por sacerdotes, recibiu un premio que, modesto, quixo compartir coa xuventude das súas parroquias que traballou arreo polo desenvolvemento cultural e económico da zona entre 1965 e 1976. Con ela organizou excursións e ata unha concentración de 9.000 xóvenes. Aproveitaron as axudas da Extensión Agraria e o Iryda para darlle un decidido pulo ó desenvolvemento agrario. E, nun momento no que "non tiñamos medios", recordou en plena dictadura, levaron a cabo unha defensa da lingua e das liberdades tan revolucionaria como las liñas mestras do Concilio Vaticano II que seguía.

Tamén os tres representantes de Viravolta Títeres que onte recibiron o premio San Martiño de normalización en Galicia Enteira -Anxo García, Pilar Álvarez e Julio Balado- demostraron ter a humildade dos grandes. Sen "baixar ainda da sorpresa" polo galardón, subliñaron que fan o seu traballo "con normalidade". Por iso, entenden que o premio "non é para nós senón para todas as compañías de títeres", que sempre apostaron polo galego, como o histórico Barriga Verde ou os actuais titiriteiros.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Deza

El Bádminton A Estrada logra cuatro metales en el máster de Collado Villalba

El Bádminton A Estrada logra cuatro metales en el máster de Collado Villalba

El Club Bádminton A Estrada firmó una destacada actuación en el máster para categorías Sub 13 y...

Christian Costoya vence en el Torneo Social de Invierno

Christian Costoya vence en el Torneo Social de Invierno

El piloto silledense Christian Costoya se impuso en el XII Campeonato Social de Invierno que tuvo...

El Laro alcanza el liderato tras vencer al Lamela

El Laro alcanza el liderato tras vencer al Lamela

Los dezanos aprovecharon el empate del Chaián con el filial del Estradense

Nueva derrota del Estudiantil

Nueva derrota del Estudiantil

Los de Gelucho encajaron tres tantos en los primeros 38 minutos - Reaccionaron para quedarse cerca...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Vinos de Galicia
 

Deza-Tabeirós-Montes

"Hay que pensar en conectar con lugares vecinos"

-El proyecto de "Roteiros de Lalín" debería tener un largo recorrido, ¿no le parece?-El futuro...

José Luis Rodríguez Jácome: "Lo más bonito de la ruta no es llegar al destino, es saber disfrutar del camino"

José Luis Rodríguez Jácome: "Lo más bonito de la ruta no es llegar al destino, es saber disfrutar del camino"

"En las inscripciones notamos que cada vez viene más gente de fuera, de la costa"

4.000 vecinos menos en activo por la crisis

El año pasado no fue positivo para la afiliación laboral en las comarcas. A los ya mencionados...

Las llamadas al servicio policial 091 de toda la provincia se centralizan en Vigo

Comienza a operar sin incidencias, pero los sindicatos piden más personal

Retraso en el reparto del pin del Mes do Cocido

El pasado domingo comenzó el Mes do Cocido en 27 restaurantes del municipio. Como cada año el 15...

Enlaces recomendados: Premios Cine