30 de noviembre de 2016

Antón Lamazares será protagonista mañá do programa 'O gato con botas'

O pintor lalinense lembrará no espazo televisivo a súa infancia e a súa mocidade en Maceira

30.11.2016 | 18:35

O gato con botas conta esta semana como convidado cun dos pintores galegos máis emblemáticos dos anos 80, Antón Lamazares. O artista amosaranos o seu lado máis íntimo da man de Manuel Manquiña mañá, xoves, ás 23.30 horas na Televisión de Galicia (TVG). A través do repaso pola súa infancia en Lalín, as súas primeiras lecturas, o paso polo convento franciscano de Herbón, os artistas que máis lle influíron na súa carreira, descubriremos a este artista de formación autodidacta enigmático e intrigante ao que lle apaixona a poesía e xogar ao futbolín.

Ao longo do programa Lamazares fará un percorrido ao longo da súa traxectoria profesional e persoal. Viaxaremos con el ata a súa infancia en Maceira (Lalín) e a súa mocidade para coñecer de primeira man como chegou a se converter nun dos pintores clave dentro da pintura contemporánea española. Ademais contaranos que o levou a viaxar a Madrid, Nova Iorque, París ou Berlín aglutinando una ampla repercusión internacional aínda que a pesar das súas estancias no estranxeiro se considere por riba de todo, un galego. No programa tamén intervén o deseñador e empresario lalinense Florentino Cacheda, como amigo e apaixoado da obra de Lamazares.

O gato con botas é o encargado de coñecer a vida detrás das cámaras dos nosos convidados. É curioso, preguntón, inquedo, ácido, retranqueiro, inconformista e intrépido. Científicos, actores, cociñeiros, músicos, xornalistas, empresarios... pasan un día enteiro co Gato con botas que irá máis alá de ser un mero entrevistador para se converter tamén nalgunha que outra ocasión en entrevistado polo propio convidado. Manuel Manquiña sempre vai a ir acompañado da súa inseparable libreta que está dividida en dúas partes: unha longa listaxe de invitados a que el recurre para buscar ese convidado que vai respostar ás súas inquedanzas e outra parte na que apuntará, ao final do programa, ás súas reflexións e aprendizaxe despois da entrevista. Para buscar complicidade coa audiencia (o gato é o noso "espía") Manuel Manquiña estará sempre interactuando coa cámara para contarnos segredos ou ensinarnos a súa reacción (ás veces só física) en determinados momentos. Moitas veces realizarao "ás costas" do convidado como un guiño desa complicidade que ten coa audiencia.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Deza

La EF Lalín termina tercera en el campeonato del Dena

La EF Lalín termina tercera en el campeonato del Dena

Los prebenjamines de la Escola de Fútbol Lalín consiguieron un meritorio tercer...

El club de los récords

El club de los récords

Un total de 62 trofeos fue el botín conseguido por el Kung Fu Zen en el Ibérico de Tui

Xoán Ledo, elegido mejor portero joven de todo el mundo

Xoán Ledo, elegido mejor portero joven de todo el mundo

El lalinense Xoán Ledo ha sido elegido como mejor portero joven del mundo tanto por el...

Los estradenses copan las finales del torneo de las Festas do San Paio

Los estradenses copan las finales del torneo de las Festas do San Paio

Un total de 11 jugadores del Recreo Cultural de A Estrada se plantaron en las finales del torneo...

El Basketdeza despide la temporada con juegos y una comida

El Basketdeza despide la temporada con juegos y una comida

| El pasado domingo en el polideportivo municipal de Lalín tuvo lugar la tradicional...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Deza-Tabeirós-Montes

El coche siniestrado en A Estrada. // Bernabé / Cris M.V,
Fallece una mujer en una salida de vía en A Estrada

Fallece una mujer en una salida de vía en A Estrada

La víctima, de 44 años, circulaba por la N-640 -El siniestro se registró a primera hora de este...

Un canto feminista frente al ´reggaeton´

Un canto feminista frente al ´reggaeton´

Cuatro alumnos del IES Laxeiro versionan canciones machistas con letras igualitarias

A Estrada, sin procesión por la lluvia y sin la Brilat por huelga

A Estrada, sin procesión por la lluvia y sin la Brilat por huelga

Más de 200 personas celebran el San Paio en La Habana

Casares imparte en Cercio una sesión sobre nociones básicas del uso del desfibrilador externo automático

El teniente de alcalde de Lalín, y concejal de Saúde, Nicolás González...

Veinte ciclos repartidos en otros cuatro institutos

Los otros cuatro institutos con oferta de FP en las comarcas reeditarán sus programas...

Educación suprime sin previo aviso el ciclo medio de comercio del IES Pintor Colmeiro

Educación suprime sin previo aviso el ciclo medio de comercio del IES Pintor Colmeiro

El módulo no tuvo este curso ningún matriculado en primero - La comunidad educativa, sorpendida...

Enlaces recomendados: Premios Cine