28 de noviembre de 2016

Neira Vilas, un ano vivo na memoria

A fundación que leva o seu nome organiza unha mesa redonda en Gres

28.11.2016 | 12:01
Membros do padroado e autoridades posan con exemplares de "Raigame".

Onte cumpriuse un ano do pasamento de Xosé Neira Vilas na súa casa de Gres. Onte, tamén, rematou unha intensa fin de semana de eventos na súa memoria, todos eles en torno a esta parroquia que foi escenario de boa parte da súa producción literaria. Os actos continúan hoxe en Vigo.

Unha visita á Fundación Neira Vilas, en Gres, é coma se un aínda poidera escoitar as teclas da máquina de escribir que empregaba o insigne literato para dar forma ás ducias de obras coas que tantas xeracións aprenderon a amar tanto a lectura coma o rural. Onte, dalgún xeito, volveuse oir o teclear da máquina, máis que nada porque Neira Vilas dalgún xeito segue vivo a través dos actos que organiza a fundación. Cumpríase un ano do seu pasamento, e a entidade quixo organizar unha mesa redonda con motivo da reedición do monográfico que a revista Raigame, editada pola Deputación de Ourense, lle adicou en 2011 co motivo do 50 aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego.

Pero esta reedición ten addendas de xente que o coñeceu moi de preto, como o presidente da fundación, Luis Reimóndez, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, ou un dos sobriños do escritor, Fernando Redondo Neira, así como un poema de Rosalía Merlán, que foi escrito expresamente para Neira Vilas hai tempo.

Reimóndez e García formaron parte da mesa redonda na que tamén interviron o deputado provincial ourensán de Cultura, Manuel Doval, e o coordinador deste número de Raigame, Xulio Fernández Senra. A eles uniuse Carlos Seijo, director do documental Espantallo amigo. Esta peza pechou o evento e considérase unha das últimas entrevistas que se lle realizaron a Neira Vilas. Pero é que ademais tén o engadido de que mistura a conversa entre Seijo e o escritor con debuxos animados nos que se recrea a peza para nenos Espantallo amigo, que Neira Vilas escribiu en 1971. As homenaxes proseguen hoxe en Vigo, coa reedición de Cantarolas pra xente miúda, en formato de libro-CD. Este traballo de Suso Vaamonde publicouse nos anos 80 e recolle 13 poemas musicados de Neira Vilas e un do propio Vaamonde. Ademais, no primeiro trimestre do ano que vén publicarase Relatos do mariñeiro, e o tenor Cesáreo torres sacará a luz Cantos á natureza, inspirado no autor cruceño.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Deza

Gelucho renueva por un año más como entrenador del Estudiantil

Gelucho renueva por un año más como entrenador del Estudiantil

El técnico valora la continuidad del proyecto para poder renovar, y el presidente Fandiño reconoce...

Aprendiendo de los mejores

Aprendiendo de los mejores

Cecilia y Pablo Cacheda, junto a Ángel Fernández, iniciaron ayer en el Arena el campus organizado...

Juan Campos cruza en primer lugar la bandera de cuadros en el Jarama

Juan Campos cruza en primer lugar la bandera de cuadros en el Jarama

El piloto cerdedense Juan Campos sumo el pasado fin de semana una nueva victoria en el Campeonato...

Pituso, Ocampo y Nuno aumentan la nómina de fichajes del Lalín

Pituso, Ocampo y Nuno aumentan la nómina de fichajes del Lalín

El Club Deportivo Lalín presentó ayer a tres nuevos fichajes. Se trata del ourensano...

Cristóbal Dios sube el podio en el Triman de As Pontes

Cristóbal Dios sube el podio en el Triman de As Pontes

El estradense Cristóbal Dios finalizó en segunda posición el Northwest Triman...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Deza-Tabeirós-Montes

Localizan al lalinense desaparecido

Estaba en un trastero de su vivienda en perfecto estado

El San Paio apura sus horas

El San Paio apura sus horas

A Estrada concluye hoy sus fiestas patronales con El Combo Dominicano tras la tradicional tirada...

El Observatorio de Forcarei abre al público el viernes su búsqueda de asteroides

El Observatorio de Forcarei abre al público el viernes su búsqueda de asteroides

En una jornada nocturna de puertas abiertas, el experto de la Fundación Ceo, Ciencia e Cultura en...

José Criado Sánchez: "Yo pensaba que no nos concederían la coronación por la historia del santuario"

José Criado Sánchez: "Yo pensaba que no nos concederían la coronación por la historia del santuario"

"Utilizaremos las redes sociales para dar a conocer el año mariano por el mundo"

La iluminación de la Praza de Galicia está supeditada a un plan integral del recinto

La iluminación de la Praza de Galicia está supeditada a un plan integral del recinto

Casares afirma que existe un proyecto de 38.000 euros que se abordará con la intervención en la...

Enlaces recomendados: Premios Cine