18 de noviembre de 2016

Os San Martiño premian a Jesús Mayo, Viravolta Títeres e Salvador García-Bodaño

Os premios de normalización lingüística que promove a asociación O Brado salientan a defensa do idioma no ámbito da comarca, no contexto galego e ao longo dunha vida

18.11.2016 | 04:55

Un ano máis, e xa van 26, a asociación cultural O Brado da Estrada premia o uso e defensa do idioma galego a través da entrega dos seus Premios San Martiño de Normalización Lingüística. Trala reunión celebrada polo padroado encargado de fallar estes galardóns na noite do mércores, na xornada de onte déronse a coñecer os nomes dos premiados deste ano, que se sumarán a unha xa longa lista de persoas e entidades distinguidas neste cuarto de século. Na modalidade A Estrada e comarca de Tabeirós-Terra de Montes, O Brado premiará nesta edición a Jesús Mayo Brenlla. Na categoría Galicia Enteira, a seleccionada nesta ocasión foi a Compañía Viravolta Títeres e o premio a toda unha vida de defensa do idioma recae en Salvador García-Bodaño Zunzunegui. A entrega destes recoñecementos chegará o vindeiro 1 de decembro nun acto aberto ao público e programado para as 20.30 horas no Teatro Principal da vila.

Jesús Mayo Brenlla é párroco titular das parroquias estradenses de San Xiao de Vea e Baloira dende o ano 1963. De orixe coruñesa, pode presumir de contar co afecto e admiración dos seus fregueses despois de medio século de sacerdocio. A súa acción sacerdotal destacou, lémbrase dende O Brado, por achegar o feito relixioso aos sectores máis novos da sociedade, apostando pola formación e o contacto directo cos parroquianos así como por manter un marcado compromiso coa cultura e a lingua galegas.

A Compañía Viravolta Títeres recibirá o premio San Martiño de normalización no ámbito galego. Fundada no ano 1982 por Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado, esta formación lalinense tense convertido hai décadas nun referente no sector do teatro galego de monicreques. Complementa o seu labor sobre as táboas coa programación de cursos, exposicións, festivais e iniciativas como a do Museo Galego da Marioneta. Ben sexa a través desta agrupación, como a través da súa compañía filial Seisdedos, Viravolta veu participando ao longo da súa extensa e fecunda traxectoria nos mellores festivais e circuítos a nivel peninsular.

Poeta, narrador e membro numerario da Real Academia Galega, Salvador García-Bodaño recibirá o Premio San Martiño á normalización durante toda unha vida. É un dos referentes literarios más importantes da recente historia da literatura galega. É autor de obras como Ao pé de cada hora, Tempo de Compostela ou Os misterios de Monsieur D'Aillier. Dende O Brado sulíñase que ten adicado a súa traxectoria vital á promoción de proxectos culturais como a Fundación Cultural O Galo, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Seminario de Estudos Galegos ou a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. Asemade, é o autor da letra do Himno da Estrada.

No padroado que se encargou de fallar os Premios San Martiño 2016 intégranse Juan M. Constenla Carbón, Henrique Vázquez, Lourdes Dono, Iván Sanmartín, Carlos Andújar, Olaia Barreiro, Xurxo Andión,. Luis Ferro e Mónica Arca.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Deza

El Inversia suma y sigue delante del Coruxo

El Inversia suma y sigue delante del Coruxo

Las féminas del A Estrada Futsal debutan con victoria en la visita del FSF Castro (7-4)

El Estradense confía en ´abrir pronto la lata´ frente al Nogueira de Ramuín

El Estradense confía en ´abrir pronto la lata´ frente al Nogueira de Ramuín

Esteban, Óscar Boo, Iván Regueiro, Manuti, Caraballa y Juanito no estarán por lesión

El Estudiantil quiere imponer su estilo de juego en Cantarrana

El Estudiantil quiere imponer su estilo de juego en Cantarrana

Mateo regresa a la convocatoria de los de Gelucho en su visita al campo del Viveiro

Milucho pide concentración en el Lalinense ante el Seis do Nadal

Milucho pide concentración en el Lalinense ante el Seis do Nadal

El técnico teme que las fiestas patronales puedan pasar factura a los suyos - Martín, Pachi y Toño...

El Lalín ´ficha´ a Joaquín Loriga

El Lalín ´ficha´ a Joaquín Loriga

Los del Cortizo vestirán este año una camiseta en homenaje al aviador de Prado

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Deza-Tabeirós-Montes

Arde parte de una vivienda unifamiliar en el casco urbano de A Estrada

A pesar de la aparatosidad del incendio, no hay heridos

Bailes, juegos y música animan las calles de Lalín

Bailes, juegos y música animan las calles de Lalín

Talleres para los más pequeños, exposiciones de fotografías y variadas actuaciones protagonizaron...

Presidente de la Fundación María Seoane Colmeiro

-Afortunadamente el asunto está completamente superado y trabajamos con toda normalidad. Lo...

Los tumores y los fallos del sistema circulatorio suman más del 58% de las causas de defunción

Los tumores y los fallos del sistema circulatorio suman más del 58% de las causas de defunción

Los distintos tipos de cáncer lideran las muertes en la población comprendida entre 45 y 74 años -...

José Pérez Barreiro: "El humanismo cristiano se vive en el María Inmaculada con una normalidad positiva"

José Pérez Barreiro: "El humanismo cristiano se vive en el María Inmaculada con una normalidad positiva"

"Tenemos casos de muchas familias de Silleda donde todos los hermanos han pasado por nuestras aulas"

Los trastornos mentales suben entre los vecinos

Los trastornos mentales son una de las principales causas de mortandad en las comarcas. Alcanza...

Enlaces recomendados: Premios Cine