"Levei unha grandísima sorpresa porque non esperaba algo así. Estou agradecidísimo", dixo onte Salvador García-Bodaño. Lembrou que hai moitos anos recaeu nel o encargo de pór letra ao himno da Estrada. "Estableceuse unha vinculación que cada vez que escoito o himno teño unha aproximación a esta vila e á comarca". "Non só foi sorprendente senón que espertou en min sentimentos", recoñeceu en relación ao premio. Estimou que este tipo de galardóns "son moi importantes" no país.