"Moi sorprendidos e moi agradecidos". Así resumiu onte Anxo García, integrante de Viravolta Títeres o sentir da agrupación tras coñecer que O Brado lle outorgou o premio pola súa defensa do idioma no ámbito galego. "Adicarémosllo a tódolos titiriteiros de Galicia", dixo, lembrando nesta ocasión a tódalas compañías de títeres que empregan o galego, sen esquecer a históricas como Barriga Verde, que en momentos como a Guerra Civil representaba en galego cos seus títeres.