04 de noviembre de 2016

Cruces honra ó seu mestre das letras

Unha obra de teatro de Cándido Pazó e a entrega do premio de novela curta enchen o programa do Día de Neira Vilas

04.11.2016 | 04:55
Valentín García entrégalle o premio de novela curta a David Vázquez. // Bernabé/Javier Lalín

Vila de Cruces celebrou, por primeiro ano, o Día de Neira Vilas, pois o 3 de novembro de 1928 foi cando naceu o autor de Memorias dun neno labrego na parroquia de Gres. Esta xornada quedou instituida hai poucos meses e onte incluiu unha sesión de teatro e a entrega do premio de novela curta.

"Na véspera dérame meu pai unha somanta por lle enfarruscar a cara con feluxe ao neno do señor. Un rapaz moi limpiño que come pantrigo, bebe leite con café e non se tén que erguer cedo para levar o gando a pacer. Meu pai non quixo saber o que Manolito me fixera antes a min. "É o neno do señor e abonda".

Éste é un fragmento da obra máis coñecida de Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, que é tamén a obra máis lida en lingua galega, da que se levan vendido xa más de 700.000 exemplares. Este fragmento no que o protagonista, Balbino, relata cómo o buscaban a súa nai e a súa aboa tras fuxir da casa pola malleira que lle dera o seu pai, volveu tomar onte vida no espectáculo que ofreceu Cándido Pazó no auditorio Xosé Casal, como acto principal do Día de Xosé Neira Vilas. Esta xornada instituise como tal o pasado 27 de xullo, nun acordo plenario, e debido a que no día de onte se celebraba o nacemento do escritor de Gres. O espectáculo que ofreceu Pazó estreouse xa hai cinco anos en Santiago de Compostela, a xeito de conmemoración dos 60 anos da publicación do libro. Desde entón, leva percorrido parte da xeografía galega e tamén se representou en Portugal, Suíza, Uruguay ou Brasil.

A versión teatral de Memorias... non foi a única actividade que rememorou o día no que Neira Vilas, falecido o pasado 27 de novembro, cumpriría 88 anos. Pola tarde, a fundación que leva o seu nome en Gres entregou o primeiro Premio Neira Vilas de Novela Curta, que recaeu no profesor ourensán David Daniel Vázquez Álvarez pola súa obra Diario de Brian, o chinés. Ao acto de entrega acudiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, quen gabou "o esforzo e a implicación da fundanción depositaria da obra e continuadora do legado neiraviliano" por seguir facendo da casa do escritor o centro cultural que el quería, xunto á súa dona, Anisia Miranda. Tamén estiveron presentes o alcalde de Cruces, Jesús Otero, o presidente da Fundación, Xosé Luis Reimóndez; e dous padroeiros da mesma, Juan Andrés Fernández e Fernando Redondo. O acto pechouse coa actuación do cuarteto Os encantiños do Ulla.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Deza

Imagen de un partido anterior de las Irmandinhas.
Cara y cruz para el Irmandinhos A Estrada

Cara y cruz para el Irmandinhos A Estrada

El equipo femenino venció en el feudo del Mecas y el Braithreachas perdió con el Keltoi Vigo

Los juveniles del EDM A Estrada derrotan al Rosalía de Castro

Los juveniles del EDM A Estrada derrotan al Rosalía de Castro

Cara y cruz para los dos equipos alevines estradenses en sus partidos

El Atletismo A Estrada clasifica a siete atletas para el Campeonato Gallego de base

El Atletismo A Estrada clasifica a siete atletas para el Campeonato Gallego de base

Los estradenses consiguieron buenas marcas en las pistas de atletismo de Balaídos

Miguel Otero acaricia la mínima para el Campeonato de España

Miguel Otero acaricia la mínima para el Campeonato de España

Los atletas del Club Deportivo San Paio se repartieron por diferentes competiciones

El Estradense aprueba el examen

El Estradense aprueba el examen

Refuerza su candidatura tras vencer por primera vez a uno de los cuatro primeros

El Bádminton A Estrada logra cuatro metales en el máster de Collado Villalba

El Bádminton A Estrada logra cuatro metales en el máster de Collado Villalba

El Club Bádminton A Estrada firmó una destacada actuación en el máster para categorías Sub 13 y...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Vinos de Galicia
 

Deza-Tabeirós-Montes

Cambio circulatorio en calles de A Estrada

Cinco vías modifican la ordenación del tráfico desde mañana

Dos heridos leves en un choque lateral en la rotonda García Sánchez de Lalín

Dos heridos leves en un choque lateral en la rotonda García Sánchez de Lalín

Los heridos fueron atendidos en el lugar del siniestro por el 061

Un invierno sin cantar bajo la lluvia

Un invierno sin cantar bajo la lluvia

La falta de precipitaciones minimiza el caudal de los ríos, pero por ahora no se restringe el...

"Hay que pensar en conectar con lugares vecinos"

-El proyecto de "Roteiros de Lalín" debería tener un largo recorrido, ¿no le parece?-El futuro...

José Luis Rodríguez Jácome: "Lo más bonito de la ruta no es llegar al destino, es saber disfrutar del camino"

José Luis Rodríguez Jácome: "Lo más bonito de la ruta no es llegar al destino, es saber disfrutar del camino"

"En las inscripciones notamos que cada vez viene más gente de fuera, de la costa"

Enlaces recomendados: Premios Cine