Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Vázquez Pintor: 'A lingua é necesaria e imprescindible'

'O "ser" da infancia é a temática principal da miña nova obra de poemas Bicos'

Xosé Vázquez Pintor. // Gonzalo Núñez

O escritor Xosé Vázquez Pintor, que pasou parte da súa vida en Agolada e no lugar de Quián, na parroquia de Carmoega presenta este sábado en Os Pendellos o seu novo libro poemario Bicos. A presentación estará enmarcada dentro da Festa da Randulfa da música tradicional organizada pola agrupación Bico da Balouta.

-En alusión ao título do novo poemario, a quen son eses Bicos?

-Son para os meus netiños máis pequerrechiños, Alan e Brais. Os últimos, que teñen un ano e medio de idade e son xemelgos. Teño adicado a cada un dos meus netos un libro, a outros téñolle unha narrativa para adultos, este é un poemario.

-Cal é a temática desta nova obra?

-A temática é o ser da infancia. Esas vidas que son un universo de sorpresas e palabras que son xeito de seu. E sempre, claro está, o cariño e a ledicia do presente e dos futuros. O por que debería ser en agarimo, máis frescura das nenas e dos nenos que sobordan as espectativas de sempre. Velaí tanta riqueza.

-O libro procura coidar e salientar a labor da lingua, como ve a situación desta?.

-Véxoa necesaria, imprescindible, levou seu tempo e obras. Os agarimos da infancia levan xa consigo a tenrura das palabras. Esa fonética do instinto e do sorriso cara a vida de futuros. Sempre Nós, a situación vai ainda vagarosa, son moitas as voces e as veces que tentan derrubar paseniño a nosa lingua dos anos e dos séculos.

-Por qué decidiu presentalo en Agolada? E máis concretamente en Os Pendellos?.

-Porque Agolada é a miña segunda voz e vida. A onde eu fun vivir cando eu tiña hai catro anos, antes Melide o meu berce de recebemento, agora é Cangas. Unha trioloxía de luces e de soños agradecidos. Máis, caladiña, a aldea de Quián, en Agolada, que fora e aínda é para min o son da memoria e dos cos. Nel convive o sobreiral do Arnego na rede natura para sempre. En Os Pendellos está a mellor memoria, xa case a única da arquitectura popular das feiras: Os convivios de cada mes, as formas e os xeitos, a palabra e o pan, o namorar da vida, a maxia do mar en terra. Velaí o polbo unha garantía da memoria.

-Como describiría a súa obra en conxunto vendo todos os traballos publicados?

-Entrañable para min. Escribin o que quixen, non houbo censura nin toda esa miseria das envexas. A sorte da escrito veu conmigo no sol e na lúa.

-Afondou en todo que vostede quería?

-Escribin sempre no profundo, sí, do que eu quería e quero.

-De onde xurdiu toda a inspiración?

-Da sensibilidade, do cariño, do sermos Nós solidarios sen as xoubas das envexas. A inspiración é o noso mundo: sempre no profundo ese tanto agarimo.

-Que presencia ten Deza neste poemario en particular e na súa obra en conxunto?

-O poemario en particular, e sobre todo o que é o mundo infantil ao que pertence o libro, pois lémbrame todo iso. Nacín en Melide, pero aos catro anos xa estaba en Agolada, aos sete ou oito anos fun vivir a aldea de Quián, dúas vidas preto unha da outras. Logo de estar en estes dous sitios, xa viñen a vivir en Cangas do Morrazo donde me ubiquei tamén como profesional.Hai máis de corenta anos que xa estou aquí. Sempre vas de xeito intuitivo, aínda que ti non o queiras, recordas os comezos, Agolada, Melide ou Quián.

-Con que traballo novo ten pensado deleitarnos?

-Agora estou traballando nunha nova obra, que en breves vai a sair a luz. Unha reedición da man da Edicións Fervenza, a que tanto agradezco, que recuperou nun pequeno formato, para que fose asequible para todos, os meus traballos de teatro, un dos estilos literarios que sufreu máis en Galicia. Quero agradecer a esta edición que recuperara unha obra que fai 40 anos se deu a coñecer o noso país veciño, Portugal. A obra chámase A sombra da memoria (Diálogos de Amor e Amigo),con textos de Xosé Vázquez Pinyort e música de Tomás Gaël Camacho.

Compartir el artículo

stats