Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Canto Ghalpón, humor cruceño que arrasa na rede

Juan Salgado e Víctor García son os fundadores da páxina web que xa supera no seu espazo en Facebook os 30.000 'me gusta'

Víctor García e Juan Salgado en Vila de Cruces. // Bernabçe/Javier Lalín

Canto Ghalpón naceu nun piso de estudantes en Santiago de Compostela, da man de Juan Salgado e Víctor García, dous xóvenes das parroquias cruceñas de Oirós e Camanzo, que mentras cursaban as súas carreiras, maxisterio e historia, respectivamente, crearon unha páxina de humor que tiña como fío conductor a lingua galega e as vivenzas que eles ubican na chamada "idade do xabarín", en referencia a aqueles que conviviron a súas tardes e as súas merendas co programa da Televisión de Galicia, O Xabarín Club.

Os dous dezaos visto a repercursión que tiñan os memes-imaxes humorísticas de diferentes temáticas- noutros idiomas, decidiron poñer en marcha un espazo para publicalos en galego ao ver que non existía unha páxina que fixese tal. Nun primer intre, os xóvenes comezaron a aventura na rede social Tumblr, onde xa tiveron certa acollida e agora reside o dominio da súa páxina web. Logo abríronse camiño en Twitter e Facebook, sendo nesta última rede onde tiveron máis éxito e acadaron máis de 30.000 "me gusta", cun alcance diario de media de 10.000 persoas, recoñecen os artífices. Ámbolos dous non son conscientes da repercusión que ten a súa páxina na comunidade, pois eles lévano coma un pasatempo,"ao que lle dedicamos moito tempo" recoñece Salgado. A pesar de levar tres anos coa páxina "moita xente e compañeiros se sorprenden ao saber que somos nós quen a levamos", asegura García, que comeza a estudar un máster de arqueoloxía.

En canto a elaboración das imaxes, sosteñen que "nunca sabes de onde podes sacar unha idea que che pode dar lugar a un meme, en calquera sitio, no que menos te imaxinas sacas algo para publicar", aclara Salgado. Os máis populares acostuman a ser os que recordan vivenzas, "ou es que falan de cerveza, churrasco ou algo así, eses nunca fallan", certifica García Foi unha desas imaxes a que fixo proliferar os seus seguidores. Non acostuman a adentrarse no mundo da política, aínda que "coas eleccións dan moito xogo e é inevitable e non nos importa falar de uns e de outros", recoñece Salgado.

De todas maneiras, agora aseguran que a principal misión é a de "educar na lingua galega", explica García, "pois intentamos que todo aquilo que poñamos esté ben escrito procurando que logo a xente non o utilice mal", crendo que isto é un efecto diferenciador con outras páxinas. Consideran que Canto Ghalpón foi unha das primeiras que levou o humor galego á rede, e que bebeu de moitas outros espazos semellantes pero doutras linguas. E como pioneira, a partir dela surxiron novos lugares no que o galego, ademais de ser fío conductor, envolve coa súa sorna as temáticas máis actuais.

Recoñecen, que sen a axuda de terceiros non poden levar a cabo moitas ideas, máis que nada por falta de tempo e coñcementos, aínda que se tildan de autodidactas. Agradecen a amigos como Nerea Fiuza, Adela Otero ou Julián Busteslo, entre outros, a súa axuda para mellorar os contidos: "agora estamos traballando máis en audiovisual como se pode ver na nosa páxina: cantoghalpón.gal" explica Salgado. Ademais diso xa ofreceron unha charla no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces donde puideron observar que "hai moito humor só hai que traballalo, pois xa non é propio dos cómicos que se non é do pobo", aclaran.

Compartir el artículo

stats