Trala Espada de Brandomés

Nove rapaces do IES Marco do Camballón realizarán unha curta que explique a historia desta lenda da parroquia de Brandariz

07.10.2016 | 02:57
Os alumnos que forman parte do proxecto Telearqueoloxía con David Abella e Saleta González.

Nove alumnos do IES Marco da Camballón de Vila de Cruces forman parte do proxecto Telearqueoloxía, da Deputación de Pontevedra, que consiste na realización de unha curtametraxe sobre a lenda da Espada de Brandomés, recollida na aldea de Brandariz por unha alumna do instituto. Os estudantes gravarán co fin de mostrar que de certo ten a lenda.

Entre lendas e contos conforman os pobos a súa historia, a súa tradición e a súa cultura. Algunhas veñen do estranxeiro, coma a lenda do Yeti ou á do Lago Ness e outras son autóctonas como a Santa Compaña, donde a realidade e a ficción están moi parexas. As crenzas poden estar completamente inventadas, outras, porén, basadas en feitos reais que se terxiversaron co fin de adquirir valor e desa maneira perdurar no tempo, e outras, a pesar de ser 100% reais, dúbidase da súa existencia por faltas de probas que esclarezan a veracidade.

Nestas pescudas están nove alumnos de entre 12 e 15 anos do Clube da Lingua do IES Marco Do Camballón de Vila de Cruces -Lola Carballa, Jenifer Pardo, Rosalía Puga, Carla Verde, Arón Senande, Rubén López, David Quintela e Marga Rey- que forman parte do proxecto Telearqueoloxía da Deputación de Pontevedra. O traballo, que xa botou a andar, consite na realización dunha curtametraxe de cinco minutos sobre a lenda da Espada de Brandomés, unha lenda que achegou, hai uns tres anos, unha alumna do centro. A rapaza fíxose ca historia, popular na parroquia de Brandariz, por medio do seu avó e conta que un guerreiro lanzou unha espado ao río que pasa pola aldea e alí descansa.

Agora, compañeiros do instituto farán unha curta-documental para explicar a historia da Espada de Brandomés e a súa veracidade. Para iso, os estudantes levarán a cabo unha investigación na que incluirán tanto a veciños, aos que pretenden entrevistar, como a diferentes expertos sobre o tema. Eles mesmos serán os encargados de elaborar todas as partes que forma o apartado cinematográfico, dende a documentación, a realización do guión da curtametraxe, así como as diferentes gravacións que se van a por en marcha e como non, tamén todo o traballo de postproducción para a súa presentación.

No día de onte, os rapaces xa comezaron a realizar as primeiras gravacións aproveitando a visita de Dabid Abella ao Marco do Camballón no que ofreceu unha charla sobre a arqueoloxía subacuática e as espadas da idade do bronce -idade a que se cree que pertence a de Brandomés- aparecidas no río Ulla nos últimos anos. Neste encontro cos alumnos do Camballón tamén acudiu a coordinadora da iniciativa que impulsa o órgano provincial, Saleta González.

Abella leva a empresa de arqueoloxía Argos, encargada de tarefas de mergullo na procura de pezas arqueolóxicas. Unha tarefa que o Clube da Lingua pretende que se leve a cabo dentro de un tempo, iso sí, non estará dentro do tempo de gravación pois os alumnos pretenden ter finalizado o proxecto dentro de un mes e o mergullo aínda non ten definida a súa data. Dende esta agrupación escolar indican que a historia da Espada de Brandomés que chegou ata o centro cruceño, orixinou diversos proxectos que relacionan a lenda coas espadas da idade de bronce, algunhas como visitas ao museo de Pontevedra, entrevistas a expertos ou a elaboración dunha réplica da susposta espada a cargo do alumnado do ciclo de soldadura do Marco do Camballón. Responsables do Clube da Lingua apuntan que levar a cabo este proxecto non só significa mostrar a veracidade dunha lenda que so coñecen uns poucos, senón que buscan dar a coñecelo como algo máis do "noso patrimonio e que leva a conformar a nosa historia e a nosa cultura", aseguran.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine