Nicolás González Casares, Rafael Cuíña e Román Rodríguez, ademáis de dar voz como representación da clase política, tamén o fixeron como amigos e coñecedores do traballo que Alén fixo polo pobo lalinense.

Cuíña foi o máis breve, coma os demais recordaron cos presentes a súa relación co protagonista, "dende antes de que teño uso de razón", aseguraba. O rexidor optou por agradecer de maneira directa e encarecida o traballo do escritor polo pobo de Lalín, asegurando que "a maneira de darlle recoñecemento é a de outorgar este premio".

Pola súa parte, González Casares, tamén aludeu á súa próximidade co homenaxeado que calificou como "un home que ama esta terra, a súa natureza, a súa historia, as súas xentes e cada recuncho do noso territorio que coñece como niguén". Casares recordou que "Alén é un home entregado á curiosidade, á pesquisa do que está aí e as veces non vemos", pero tamén sinalou á súa familia máis directa, muller e fillas, como unha influencia para potenciar esta curiosidade. O tenente de alcalde salientou a capacidade do escritor para "falar co noso pasado, atopar respostas na historia da nosa vila, na recente e na máis antiga". O edil utilizou unhos versos de Carlos Drummond de Andrade para visibilizar que este lalinense "é capaz de escoitar que nos contan os rochedos no idioma antergo dos nosos devanceiros". Ademáis, rememora a faceta comunicadora do polígrafo tildándoo de "home multimedia, pero con moitos anos de adianto, ao cultivar disciplinas como a filmación de documentais, investigación arqueolóxica e a recuperación etnográfica".

Deseguido,Román Rodríguez fixo un percorrido pola traxectoria profesional e persoal de González Alén, a quen definiu como "unha persoa íntega" e un home construtivo, esforzado e voluntarioso que "forma parte da paisaxe humana do Deza". O conselleiro atribúe o calificativo de "o patriarca da cultura do Deza" pola intensa actividade que vén desenvolvendo Alén. Rodríguez considérao como un referente consolidado no mundo da investigación cunha labor salientable como colaborador na redacción de La Gran Enciclopedia Galllega e destaca a súa carreira como xornalista ou guionista do grupo Deza Cinema Galego polo que conserva un amplo fondo documental.