A planta baixa do consistorio de Lalín abarroutose onte para presenciar a imposición da Folla de Carballo na súa modalidade de ouro ao escritor, invesitigador e divulgador Daniel González Alén, excorresponsal de FARO DE VIGO en Deza. Preto de 200 persoas, entre os que se econtraban familiares como a súa muller, as suas fillas e as súas netas, ademáis de amigos, corporación municipal e veciños da cabeceira comarcal dezá acudiron a unha sentida homenaxe na que a nota musical estivo da man da agrupación de gaiteiros da Asociación O Carballo da Manteiga, que abriron e pecharon a cerimonia, e do gaiteiro Plácido Rozas.

Nesta ocasión, foi o tenente de alcalde, Nicolás González Casares, o que cas súas verbas se encargou de presentar e conducir o acto. Como mestre de cerimonias o edil deu paso ao conselleiro de Educación, e amigo do homenaxeado, Román Rodríguez, que tamén dedicou unhas palabras tanto ao protagonista como ós presentes. Tras él, foi turno do instrutor do expediente, José Luís Rodríguez Jacome que fixo un pequeno resumo do documento no que se explican as razón da concesión de este premio honorario. Logo, o secretario xeral do Concello de Lalín, Cesar López Arribas, encargouse da lectura do acordo plenario. Finalmente o alcalde lalinense, Rafael Cuíña, ofreceu un breve discurso no que agradeceu a presencia ó acto a todos os veciños pero tamén a do protagonista, pois "cónstame que lle gusta máis estar entre carballos e fragas ameazadas que neste tipo de actos", asegurou. O rexidor foi o encargado de imporlle a Alén, que tildou de "vixía do noso patrimono e da nosa tradición", a Folla de Carballo,como tamén o fixo no seu momento co xeógrafo António Presas, presente entre o asistentes. A insignia estaba máis preto do que Alén pensaba, pois eran as súas netas, Daniela e Martina, as que a mantiveron gardada durante a cerimonia e as que a entregaron ao rexidor lalinense para que este lla colocase ao escritor.

Para terminar o acto, Alén dedicou emocionado unhas palabras en agradecmento a todos os asistentes, así como a todos aqueles que o apoiaron, tales como á familia, mestres ou amigos, recordando aos que xa non estan. O escritor asegurou que "se os meus méritos non cumprían ata o de agora co nivel deste recoñecemento seguirei xuntando e buscando no noso patrimonio e divulgando ata donde as miñas forzas mo permitan".Para rematar proxectouse o vídeo Deza:do Faro ao Ulla e o gaiteiro Plázido Rozas interpretou a Marcha do Antigo Reino de Galicia antes de que a Agrupación Carballo da Manteiga intepretara o himno galego para pechar o acto.