Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xulia Ferradás: "O lema da Algarabía é pasalo ben todos"

"O pregón fareino cunha compañeira e citaremos o que pasou no pobo neste ano"

Xulia Ferradás, onte, en Lalín co cartel da Algarabía. // Bernabé

Unha nova edición da Algarabía arranca hoxe e durante toda a fin de semana serán diversas as actividades que forman parte da súa programación, organizada pola Asociación O Naranxo. A primeira será hoxe ás 22.00 horas e consistirá na proxección do filme D.E.P., dirixido por Román Gutiérrez da Silva e rodado case na súa totalidade en terras lalinenses.

-Ademais de ser a nova vicrepresidenta de O Naranxo, tamén será a pregoeira desta edición.

-Si enredáronos a unha compañeira, que se chama Raquel e colabora sempre con nós, e a min. Así que o pregón vai a ser a dúas voces, un diálogo no que crearemos dúas personaxes, que serán dúas mulleres, e contaremos o que pasou no pobo neste último ano e tamén citaremos actividades que se farán durante a Algarabía.

-Como recibiu a proposta?

-Ó principio con nervios porque é moita responsabilidade, e mais xusto no ano en que O Naranxo cumpre 30 anos, e tamén porque o pregón marca o inicio da Algarabía. Xa cando me votaron para ser vicepresidenta de O Naranxo recibino con moita ilusión, e aquí o mesmo.

-Está sendo boa a experiencia como vicepresidenta?

-De momento levo pouco tempo, porque a directiva renovouse fai pouquiño, e Mirian segue sendo a presidenta, pero quixeron apostar por caras novas buscando tamén que máis mozos esteen implicados coa iniciativa, pero foi un gran detalle que quixeran contar comigo. Ademais, se para min sempre era unha satisfacción gozar da Algarabía desde fóra, agora aínda o é máis desde dentro.

-Cal é o espírito da Algarabía?

-É complicado defininilo, a Algarabía en si é especial. É unha fin de semana para esquecerse de tódolos problemas e disdrutar, rirnos e ser maliciosos.

-De feito, un dos toques esencias da Algarabía é o sarcasmo.

-Si son uns días para ser un pouco malos, pero dentro do ben. O noso lema é pasalo ben nós, e tamén o pobo.

-Como xorden as actividades da Algarabía?

-Unha vez que acaba cada edición reunímonos para comentar como saíu e intentamos poñernos a traballar canto antes. Despois nos catro meses previos á celebración xuntámonos varias veces e deses encontros van saíndo as ideas, pero sempre enfocándoas para pasalo ben.

-Que destaca da programación deste novo ano?

-Os Tortazos sempre son ó 100% o que sempre da mais xogo e gusta á xente; tempos tamén o das Olimpíadas dos 80 que será un concurso con diversas actividades dos anos 80 como rebobinar unha cita con bolígrafo BIC ou conseguir facer a cara dun cubo de rugby. Aí entregaremos varios premios e animamos á xente a que participe.

-Por que a elección deses cinco grupos que actuarán mañá?

-Apostamos sempre por agrupacións da casa, e adoitan ser grupos que colaboran sempre coa Algarabía, por iso todos ou casi todos son de Lalín.

Compartir el artículo

stats