Despois de finalizar o traballo daban paso ao xantar popular que tanto ansiaban os máis de 30 malladores e malladoras. Antes diso, un xurado composto polos maiores expertos das asociacións de Cercio, Doade e Zobra deron o seu veredicto sobre o home e a muller mellor vestidos; posto que para participar era preciso ir vestido co traxe de época. Nesta ocasión, os galadornados cunha noite no hotel Via Argentum e con dereito ao menú degustación e un circuíto termal, foron José Jorge González de Vilatuxe e María Dobarro "Maruxa". Xa con todo listo daban paso ao son dos acordeóns de Vila de Cruces mentres se daban os últimos toques ao xantar popular, que estaba composto de carne ó caldeiro e tamén había pulpeiro. Pola tarde continuou a festa coas actuacións dos grupos de música tradicional da zona.