O alcalde republicano de Agolada Primo Castro Vila foi recordadado onte na Eira da Xoana de Ramil (Agolada), na que os asistentes ó acto recolocaron unha placa conmemorativa da súa persoa. A xornada completouse cunha homenaxe ás vítimas da represión e coa celebración da Festa da Cabra e asistiron preto dun centenar de persoas, entre eles tres netas, cos seus respectivos esposos, e tres netos do que fora alcalde republicano de Agolada. Adega e a Eira da Xoana súmanse a este acto, que xa se leva celebrando desde anos atrás por parte de outras entidades.

A homenaxe a ós represaliados comezou ó redor das 11 horas e a primeira parte tivo lugar en Sá (Palas de Rei), cerca de Ludeiro, que foi o lugar onde apareceron os corpos sen vida de Sixto Aguirre, de Rianxo, e de Camilo Díaz Valiño, de Ferrol, pai de Isaac Díaz Pardo. Despois, os asistentes desplazáronse a Toques para homenaxear a Marcial Villamor Varela, a Ramón Rodríguez Varela, máis coñecido por O Curuxás, e Defino Liñeira Fraga 'O Tranviario', todos veciños de este municipio coruñés e estiveron nas parroquias de onde era naturales cada un deles, en Villamor, Vilouriz e Piñeiro. Preto de Pambre fixeron unha parada para recordar a Benedicto Fuentes Díaz.

Finalmente, dirixíronxe á Eira da Xoana para lembrar a Primo Castro Vila. Alí recolocaron unha placa na súa honra, que no 2006 fora situada na que fora a súa casa natal na Feira Nova, en Brántega."Foi unha persoa que ía cos tempos e fixo moitos avances, como por exemplo, un experimento eólico para producir enerxía ou a construción da Ponte de Carmoega, onde aparece unha figura dun sacho de Paco Lareo para lembralo", sinala Marcial Barral, da Eira da Xoana.O rexedor gobernou na Agolada en dous periodos, un que vai de 1931 a 1936 e outro de a penas cinco meses en 1936, ata o estalido da Guerra Civil.

Esta é a segunda homenaxe na súa honra, despois de celebrarse outra fai dez anos. Entre os promotores de aquel primeiro tributo estaban Paco Lareo, Marcial Barral ou Xosé Vázquez Pintor, que este último leu varios poemas durante o acto de onte. Ademais, ata Ramil achegáronse Mini e Mero que deleitaron con música e poesía, Carlos Parrado autor do libro O Curuxás, o guerilleiro que non cazou Franco, entre outros, que no quixeron perderse este día de rememoración a un grande.

Festa da cabra

A xornada festiva completouse coa celebración da Festa da Cabra da parroquia, que tódolos anos ten lugar o segundo domingo de agosto con diversas agrupacións musicais no campo da festa. "Este ano coincidiu a homenaxe ca festa do pobo, polo que aproveitaremos tamén para botar unhas bailas pola noite", apuntou Barral. Pola tarde, os presentes na Eira da Xoana aproveitaron para disfrutar de cántigos e para rememor vellos tempos en compaña.