"O ben está ben, pero o mal non está tan mal." Este ben podería ser o lema de Sede de mal, o espectáculo que ten a Xabier Deive e Luís Iglesia como protagonistas, e co que os dous actores levan percorrido o país con máis de cincuenta funcións nos últimos anos. Agora os dous intérpretes chegan á Praza de Vilalonga, onde actuarán a partir das dez da noite. Luís Iglesias e Xabier Deive teñen este espectáculo e outro dirixido por Avelino González, Filosolfando. É unha "comedia de 12 cordas do lado escuro da vida" que conta cun guión elaborado polos propios intérpretes en colaboración co dramaturgo Carlos Santiago.