Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Trunfo para un poeta estradense con nome de muller

Sindo Villamayor acada o segundo accésit no XXI Certame Literario Manuel Orestes

Sindo Villamayor,gañador do segundo accésit do XXI Certame Literario Manuel Orestes. // Bernabé / V. Espiño

Con preto de 70 versos asinados co pseudónimo de Virxinia Alonso, o nome de súa nai, o estradense Sindo Villamayor vén de gañar o segundo accésit de poesía da vixésimo segunda edición do Certame Literario Manuel Orestes Rodríguez López, organizado polo Concello de Paradela (Lugo).

O poema As mulleres e as augas -creación que forma parte dunha composición artística máis ampla- será publicada agora xunto coas demais obras galardoadas. Na súa categoría, o premio absoluto recaeu nen Jonatan Rodríguez Cabaleiro de Ponferrada (León) pola obra Chuvia e o primeiro accésit en José Manuel Pardo del Arco de Lima (Perú) por Juan Cristóbal.

Entre 294 obras

Foron as mellores entre case 300 creacións poéticas. Non foi tarefa sinxela. Ao certame presentáronse nesta ocasión 706 obras, das cales 412 se correspondían á categoría de narrativa e 294 á de poesía.

Os versos de Villamayor zumegan a herdanza poética e artística que o inspira. A pegada de prestixiosos representantes da poesía francesa do século XIX -como Mallarmé ou Víctor Hugo- faise explícita no poema cunha alusión directa a Rimbaud. A erótica e o amor ábrense paso a través duns versos moi coidados e musicais que lle cantan ao amor dun xeito desasosegado, con imaxes sorprendentes que entroncan coa fonda pegada que en Villamayor deixaron autores da Xeración do 27 como Dámaso Alonso, Pedro Salinas e Federico García Lorca. Como eles, tamén o estradense se debate entre a búsqueda da poesía pura e a autenticidade humana. E tamén como eles acada a beleza estética grazas á técnica e ao esforzo.

O recoñecemento chégalle a Villamayor no mesmo ano no que as Letras Galegas se lle adican a Manuel María, quen lle entregara o seu primeiro galardón literario hai décadas no instituto. Logo Villamayor licenciaríase en Arte, colaboraría na elaboración da Historia da Literatura Galega da Asociación Sociopedagóxica Galega escribindo o capítulo de Ricardo Carballo Calero, dirixiría o xornal local Contrarretranca a primeiros dos 90 e adentraríase nun mundo de obrigas profesionais que o apartarían da escrita, coa que se reencontraría nos últimos anos a través de Capicúa. Os folgos dados polos lectores levárono a volver á escrita. E agora o éxito acadado pola obra asinada honorificamente co nome de súa nai estimúlano para seguir avanzando pola senda da poesía.

Compartir el artículo

stats