18 de mayo de 2016
18.05.2016

Maios interxeracionais na Estrada

Os nenos de Elfos e os maiores da Cruz Vermella festexan xuntos as Letras

18.05.2016 | 02:02
Unha integrante de Cruz Vermella e usuarios da escola infantil, o luns, buscando flores xuntos.

Son veciños porta con porta pero estes días comparten moito máis que enderezo. A escola infantil Elfos e o grupo de maiores usuarios da Cruz Vermella disfrutan estes días dunha actividade interxeracional que ilusiona a uns e outros por igual Conmemoran xuntos os Maios e as Letras Galegas.

Con tal motivo, na tarde do lunes, responsables de Elfos, alumnos con coloridos mandilóns, os seus pais, responsables da sección local da Cruz Vermella e usuarios das súas actividades para maiores saíron xuntos na procura de flores de de vivas cores coas que hoxe engalanarán as construccións vexetais que farán para a festa desta tarde. A esta cita, os maiores acudirán provistos dos poemas que escribiron especialmente para a ocasión, na que tamén conmemorarán as Letras Galegas. Dada a cercanía coa festa gastronómica da Estrada, os nenos elaborarán canapés de salmón e as súas familias aportarán doces. O escritor David Otero e un gaiteiro tamén farán a súa particular contribución a esta festa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine