A lingua galega reivindica o seu uso no día a día

A Estrada hónraa cunha ofrenda floral e unha ruta e Forcarei, cunha estrea teatral

18.05.2016 | 02:02
Ana Carreira e Juan Constenla, na ofrenda floral ante o monolito a Marcial Valladares. // Bernabé / Víctor Espiño

A lingua galega reivindicouse onte na comarca como instrumento para o día a día e "para todo". Dezasete persoas se deron cita na XI Ruta das Letras organizada por A Fervenza de Ouzande. Logo chegaría a ofrenda floral nos xardíns. E pola tarde, Malasombra estrearía en Soutelo o musical "Os Rockenstein".

A lingua galega reivindicouse onte en Tabeirós-Montes como instrumento para o "día a día" e "para todo". Nos xardíns da Estrada, Ana Carreira, gañadora do cuarto premio de teatro Varela Buxán proclamou que é dramaturga "porque me deixei medrar en galego" sen facer caso de quen a consideraba "un bicho raro". "Escribo en galego porque falo en galego, sinto e soño en galego", afirmou, animando ós asistentes a "perder a vergoña dunha lingua que serve para todo".

Tamén o alcalde en funcións, Juan Constenla, subliñou -tras adicar "a ofrenda floral ante o monolito dos Irmáns Valladares á memoria de todos os escritores" locais que o galego é unha ferramenta de expresión e un elemento tecnolóxico para o "día a día" que debe lucir "vizosa" e ter "sabor a futuro". Tamén lembrou que o autor homenaxeado polas Letras Galegas, Manuel María, visitou A Estrada "en non poucas ocasións". A Banda de Gaitas de Barbude puxo a nota musical ó evento e, tras actuar nos xardíns, deu un pasarrúas no que foi aplaudida polos usuarios que ateigaban as terrazas. Na Estrada onte tamén foi un día para mercar libros. A libraría Marxe, por exemplo, abriu as súas portas e fixo un dez por cento de desconto co gallo das Letras Galegas.

Xa en Ouzande, a Ruta das Letras organizada por A Fervenza contou con dezasete participantes Tras a camiñata na procura dos alicerces do río Gallo, os asistentes foron agasallados cun libro. A maioría escolleron o último premio García Barros.

Xa pola tarde, o auditorio de Soutelo acolleu a estrea do musical "Os Rockenstein" de Malasombra, a compañía do polifacético actor estradense Xoque Carbajal.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine