O colexio Ramón de Valenzuela de A Bandeira (SIlleda) acolle este venres día 20 a VI Romaría das Letras Galegas. Os actos terán lugar ó longo de boa parte da mañá. Arrancarán as 10.00 horas e prolongaránse ata as 13.00 horas e desenrolaránse na súa totalidade no patio do colexio silledense. Ás dez a mañá será a apertura da Romaría que incluirá unha tirada de bombas de artificio. A cita contará co acompañamento musical do dúo Nebraska. Ademais haberá obradoiros, postos típicos, proxeccións e xogos para os cativos. A actividade lúdica está organizada polo propio centro educativo e contou coa colaboración tanto da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) Brincadeira coma do Concello de Silleda.