A sección local da Escola Oficial de Idiomas (EOI) na Estrada abre mañá o prazo de inscrición para a proba de clasificación que terá lugar o 6 de xuño ás 17.00 horas para a parte escrita. A data da parte oral publicaráse no web da EOI cando remate o prazo de matrícula.