A bisbarra dezá comezou xa a convocar actos polo Día das Letras Galegas, que este ano se adica a Manuel María. Coletivos sociais, centros públicos, campamentos e ata residencias de maiores celebraron onte actividades por esta efeméride. En Silleda a falta de asistentes obligou ao Concello a suspender a actividade o gran xogo das letras galegas na casa da Xuventude, pero onde sí houbo participación dos máis xóvenes foi na residencia Nosa Señora das Dores lalinense, onde actuou o Coro Infantil Luis Areán dirixido por Isabel Rubio Molina. O martes estará na residencia o grupo de baile e música tradicional A Carballeira de Cercio. Rapaces dun campamento de FervenzAventura, de Abades, fixeron un percorrido pola contorna do mosteiro de Carboeiro e a Fervenza do Toxa, tamén co gallo do Día das Letras Galegas.

Música, recitais poéticos e unha cadea humana a prol da língua autóctona son algúns dos actos principais que terán lugar en Lalín, promovidos polo Concello. As propostas darán comezo mañá luns a partir das 10.30 horas coa cadea humana que percorrerá as rúas da vila. Trátase dun acto promovido dende o IES Laxeiro, no que tamén participa o Aller Ulloa. Neste paseo os mozos confluirán en puntos para intercambiarán metaforicamente cadansúas obras literarias escritas en galego. O acto ten unha connotación simbólica e pretende reivindicar o uso e a defensa do idioma propio de Galicia. Ya o martes 17 desde as 12.30 horas na Praza da Igrexa actuarán os grupos Bico da Balouta e Poetarras. Ás 18.00 a Banda Xuvenil de Lalín ofrecerá no auditorio un concerto do día das letras. Unha hora despois o museo Ramón María Aller haberá un recital multimedia na honra de Manuel María, que será guiado pola profesora Gracia Santórum, en lo que participa o Club de Lectura do instituto Laxeiro. Consistirá na realización dun percorrido bibliográfico pola vida do autor lucense, que combinará o recital da súa obra coa proyección de imaxes da súa traxectoria. Os actos rematarán ás 20.30 horas na Praza da Igrexa co concerto do grupo Noite Fechada. O bar O Garota colabora na programación musical.

Trasdeza

En Trasdeza algúns dos actos destacados do Día das Letras Galegas son unha exposición sobre a vida e obra do homenaxeado este ano, prevista no centro cultural Vista Alegre da Bandeira. Será inaugurada o mañá luns e permanecerá instalada ata o 21 deste mes. Está promovida pola Asociación Cultural Vista Alegre en na mesma colabora a Xunta. E xa hoxe domingo, tamén na Bandeira, o espectáculo teatral Os Bolechas van as Olimpiadas levarase a cabo no auditorio Manuel Dopazo desta localidade trasdezá. Será a partir das 12.30 horas e, debido ao aforo limitado do recinto, tan so se permitirá que cada neno vaia acompañado dun adulto. As entradas, de balde, repartíronse na casa do concello e no centro cultural Vista Alegre bandeirense.