Na Mostra Infantil de Baile Tradicional de Xirandola cada un dos tres grupos actuará durante media hora. Tanto para Recordanzas como para a Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos é a primeira vez que participan neste evento. O colectivo da Bandeira busca sempre grupos que teñan escolas de nenos para poder facer intercambios, de maneira que para o ano que vén Xirandol vai viaxar a Cáceres para participar no certame de Recordanzas. Nos últimos anos xa estivo noutras localidades como Madrid ou Segovia. Para o presente 2016, está previsto que os máis novos de Xirandola participen o 4 de xuño nun festival infantil de Pamplona.

A organización xa está artellando o festival do grupo de adultos, que terá lugar o primeiro sábado de xullo. Nel tamén participa a escola de nenos e o grupo de pandereteiras. Nesta edición celébrase o 29 cumpreanos de Xirandola, e para acompañar aos seus membros acudirá un grupo de Valladolid, terra na que xa estiveron os membros do grupo da Bandeira durante o ano pasado. Será na Praza Juan Salgueiro.