Galego en Londres e José Goris, premios do Clube da Lingua

O instituto Marco do Camballón da a coñecer os galardóns da súa última proposta, o concurso de fotografía 'Modernízate, pon boina'

12.04.2016 | 05:49
A foto de José Goris gañou a boina de ouro.

Seis meses despois da posta en marcha do concurso Modernízate, pon boina, o Clube da Lingua da a coñecer os gañadores deste certame fotográfico no que se tenta revalorizar dúas cousas tan tradicionais como imprescindibles na cultura galega: o idioma e a boina. A idea da organización é poñer de relevo o feito de que tanto a lingua como esa prenda de vestir van acordes coas últimas tendencias en moda e as novas tecnoloxías, algo que xa quedou de manifesto coa anterior proposta de dinamización deste clube, o certame Tattoos da Galiza, que deu lugar a un libro.

Pois ben, os dous galardóns deste concurso recaeron no fotógrado da Bandeira, José Goris, e máis no colectivo Galego en Londres. O primeiro recibirá o galardón Boina de ouro, unha categoría na que se valoraba a calidade, a orixinalidade, a creatividae e o valor sociocultural da fotografía. A instantánea deste creador afincado en Vigo amosa o perfil a contraluz dun home, xa entrado en anos, e que aparece en actitude reflexiva. Pola súa banda, Galego en Londres mereceu o recoñecemento como Boina da simpatía por unha foto sacada porÁngeles Lema, alumna de terceiro de ESO, a Sara Mota, quen aparece choutando en actitude de franca ledicia e cunha boina decorada por ela mesma.

Galego en Londres é un colectivo creado no seo das aulas de lingua galega do Instituto Español Vicente Cañada Blanch e que, a día de hoxe, xa trascendeu os muros deste centro educativo e serve de punto de encontro da galeguidade na capital británica. O colectivo enviou ó concurso 16 fotografías.

O xurado deste certame estivo composto pola zoqueira de Merza Elena Ferro; Celso Seijas, de Fotografía Bernabé; unha alumna da Escola de Arte e Deseño Mestre Mateo, Olaia Vázquez; así como por Vicente Amosa, María Seijo e Sechu Sende, do Clube da Lingua. O premio nas dúas categorías será unha boina elaborada por Sandra Vilas, a artesá que comezou a manufacturar a súa Boina Galega a raíz desta iniciativa e que, segundo relatan desde o Clube, está amosándose como un dos accesorios máis valorados e sorprendentes da moda galega na presente temporada.

Este proxecto de lingua e boina tivo unha forte repercusión nas redes sociais, pois dende o perfil de Facebook puídose ver a maioría das fotos remitidas a organización Hai, tamén, un vídeo no que poden verse os centos de modelos que se prestaron de forma altruista a lucir boina para esta iniciativa. Pero é que a iniciativa acadou un grande impulso desde a realidade digamos física. Os alumnos do Clube da Lingua participaron en febreiro nun desfile organizado na citada escola Mestre Mateo. Incluso o gran Xosé Ramón Gayoso tamén puxo esta prenda nunha edición do espazo televisivo Luar.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine