Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O Concello de Estrada - La Estrada - A Estrada

Figura o nome de Estrada ata 1928, no que se castelaniza co artigo La ata que en 1983 pasa a ser A Estrada

Cabeceira do xornal El Estradense en 1906

Hoxe traemos hasta estas páxinas, un tema para que sirva de debate co topónimo Estrada, La Estrada, A Estrada. Trátase de un concello creado no ano 1841, polo tanto un concello novo, o que nos permite obter abundante documentación, libros, actas concello, libros rexistro civil, xornais, documentos etc.

O concello, que hoxe coñecemos co nome de A Estrada, naceu no ano 1836 como concello de Cereixo, segundo está publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, número 99 de dito ano. Conformábano 51 parroquias, as mesmas que mantén na actualidade.

Pasou a trocar o nome no ano 1841, como se ve nun documento, facilitado polo Arquivo da Deputación de Pontevedra, do libro de actas do pleno da Deputación, nº 13.000, folla 19: Acta da Sesión Ordinaria do día 17 de xaneiro de 1841. Acordo nº 12. "Habiendo llamado el Sr. Presidente la atención sobre el nombramiento de "Ayuntamiento de Cereijo" que por esta corporación se continua dando todavía al llamado hoy de la Estrada por disposición de la Junta de aquel pueblo, quedó acordado que así se le denomine a lo sucesivo aprovando la traslación de la municipalidad a aquel punto, y que se espongan al Gobierno las razones de conveniencia en que dicha variación se apoya."

Con data de 17 de abril de 1912 na Gaceta de Madrid, (así se chamaba o actual BOE) número 108, páxina 118 o Concello de Estrada recibe o tratamento de Excelencia: "Real Decreto. Queriendo dar una prueba de Mi Real aprecio a la Villa de La Estrada, provincia de Pontevedra. Vengo en conceder a su Ayuntamiento el tratamiento de Excelencia. Dado en Palacio a dieciséis de abril de mil novecientos doce. Alfonso."

O libro de Pedro Varela Castro, publicado no ano de 1923, leva por título "La Estrada.

Porén, a pesar do pleno da Deputación onde se cita "de la Estrada", ou mesmo na Gaceta de Madrid cando se lle concede o tratamento de Excelencia ao concello "de La Estrada", por certo que é a primeira vez en que o artigo La aparece en maiúsculas-, ou do libro "La Estrada" de Pedro Varela, atopamos outros escritos, documentos, xornais etc, que demostran que se coñecía o noso concello co nome de Estrada

Consultados os libros do Rexistro Civil, estes dan comezo no ano de 1871 "En la Villa de Estrada" e logo co paso dos anos encabézanse "Registro Civil de Estrada. Distrito de Estrada". Ocorre o mesmo na prensa da época, Eco de la Estrada, 1912-1919. Eco Estradense, 1913. El Estradense, 1906-1909, datan sempre con "Estrada" e nun documento depositado no Arquivo Histórico Nacional, que data do ano de 1876, firmado polo Alcalde, e que trata dos selos que se viñan usando no concello, e que comeza "Siendo el pueblo de Estrada". Nos libros de actas e sesións do concello, figura como Estrada, e a dátase, En la Estrada.

Temos unha lembranza indeleble da chegada do teléfono a Codeseda nos anos sesenta do pasado século. Por aquela data nas aldeas que se instalaban os teléfonos, un solo para todos os veciños, funcionaban entre operadoras. Nunca me esquecerei das verbas da operadora de Codeseda, a señora Sofía, que repetía a operadora da Estrada, "Estrada, aquí Sagrada" e así mantiña unha longa chamada ata que no outro lado atendían a súa petición.

Estrada ata 1928

En todos pois figura o nome de "Estrada" ata chegar ao ano 1928, en que se pasa a castelanizar o nome do noso concello, antepoñéndolle o artigo "La" pasando a chamarse "La Estrada". E así vemos que no Rexistro Civil o 31 de agosto de 1928 se escribe Estrada pero a partir do mes seguinte a mesma persoa escribe La Estrada. E deste xeito se chega ata os anos oitenta, levando o artigo mais de medio século.

A lei de 3/1983 de Normalización Lingüística, publicada do Diario Oficial de Galicia, número 84, do 14 de xullo de 1983, no seu artigo 10, 1. manda que os topónimos de Galicia terán cono única forma oficial a galega. De aí que o nome do noso concello ata agora coñecido como La Estrada pase ao galego, substituíndo o artigo castelán polo galego, e quede como "A Estrada".

Compartir el artículo

stats