Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

José Goris: "O Entroido da Bandeira conta cada vez con máis participación"

"A vila recuperou outras tradicións, ademais do Alto dos Xenerais"

O fotógrafo silledense José Goris. // José Goris

O centro cultural Vista Alegre, da Bandeira, inaugura mañá (20.00 horas) a exposición "Entroido da Bandeira. Retrospectiva fotográfica desde o ano 1987", do creador José Goris. Os que acudan a ver esta mostra poderán contemplar unhas 150 instantáneas tomadas entre os anos 87 e 90 así como as correspondentes aos entroidos de 2011 e 2015.

-¿Por qué comeza a exposición con fotos de hai case 30 anos?

-Porque foi pouco antes do 1987 cando eu comecei a adicarme profesionalmente á fotografía. Daquelas, o Alto dos Xenerais xa era unha tradición que se recuperara totalmente na vila, e eu facía fotos co obxectivo de vendérllelas aos grupos. Pero co tempo daste conta de que co teu traballo tamén lle vas deixando un arquivo ao teu pobo.

-¿Evolucionou moito o Alto dos Xenerais nestas tres décadas?

-Mudou no sentido de que se fixeron traxes novos e tamén en que cada vez o Entroido da Bandeira, e non só o Alto dos Xenerais, tén máis participación. Sei que hai raparigos que forman parte do Alto Infantil e que, por tanto, son canteira para seguir mantendo esta tradición no futuro. Pero tamén hai que ter en conta que nestes 30 anos pasamos da fotografía analóxica á dixital, que non é mellor nin peor, senón que simplemente é diferente e che permite outra posibilidades como o retoque.

-¿Nunca sentiu a tentación de facer de 'xeneral'?

-Nunca tomei parte activa no Entroido porque me tiña que adicar a sacar fotos. Daquela, como dixen, vendíanse esas fotografías, agora xa non se fai. Pero creo que, no fondo, sempre quixen vestirme como un xeneral.

-¿Ténlle servido de inspiración A Bandeira para outro tipo de fotografías?

-A verdade é que teño moito negativo de fotografías da Bandeira, porque tén recuperado outras tradicións ademais do Alto dos Xenerais. Agora mesmo estou dixitalizando todos os meus fondos para poder tratalos e é cando un atopa cousas moi curiosas. De feito, xa falei con responsables do colectivo Vista Alegre porque haberá que facer outra exposición fotográfica con todo este material.

-¿Qué outras exposicións tén organizado?

-Agora mesmo teño unha mostra no concello ourensán de Vilar de Santos, na Arca da Noe. A exposición chámase "Alegorías", facendo así un xogo de palabras co meu apelido. Baséase en autofotografías do meu corpo que me serven para facer crítica social. A idea é que esta creación poida percorrer outros espazos de Galicia e tamén do norte de Portugal.

Compartir el artículo

stats