O Concello de Silleda traballa na redacción dunha ordenanza de Normalización Lingüística. O borrador será remitido ós voceiros nos próximos días para pulsar a súa opinión e recoller propostas. A elaboración desta normativa foi proposta no pleno de novembro polo BNG e o goberno agarda poder tramitala súa aprobación no vindeiro pleno.