A FANPA convoca o seu certame de relato curto en galego en centros de ensino

A Diputación colabora coa impresión de 100.000 marcapáxinas

14.01.2016 | 03:40

A Federación de ANPA de centros públicos de Pontevedra presentou na mañá de onte o IV Certame de Relato Curto. O departamento de Cultura da Deputación colabora co certame coa impresión de 100.000 marcapáxinas destinadas a difundir a iniciativa entre a comunidade educativa. Ademais, este ano por primeira vez, e atendendo ás solicitudes realizadas polo profesorado, abrirase o certame ó propio profesorado e ós familiares do alumnado. O Concello de Pontevedra asumirá a dotación dos premios do certame con catro vales de 200 euros, e a editorial Kalandraka encargarase da publicación dos catro relatos gañadores e dos finalistas. Poderán remitir relatos todo o alumnado de centros públicos da provincia, profesorado e familiares que convivan con eles. Debe ser un relato inédito por persoa, de entre 200 e 300 palabras que deberán remitir por correo electrónico antes do 29 de febreiro a relatocurto@nontedurmas.org.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine