Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Celso Fernández Sanmartín: "Traballar cos maiores é gratificante porque ves que para eles é moi liberador"

"Se son un contador particular é porque me gusta contar historias que me contaron"

Celso Fernández, onte, ultimando os preparativos da exposición que se inaugura hoxe. // Bernabé/Gutier

O Museo Municipal Ramón Aller de Lalín será escenario hoxe da inauguración dunha exposición diferente. A mostra conta cos traballos do obradoiro de pintura non directiva feito na Residencia Nosa Señora das Dores para un posible carte da Feira do Cocido do 2007. O tempo quixo que un deles fora elexido como tal para a feira do 2016. Celso Fernández Sanmartín foi o encargdo de impartir ese obradoiro para os maiores.

-Que lembranzas ten do obradoiro da residencia?

-Foi precioso. Esto partía dunha proposta vinculada á vida deles. O Cocido era unha festa que a maioría recordaban cando naceran, e xurdiu dun modo moi natural. O obxectivo era volver a poñer a esa xente fora da residencia, devolvelos á sociedade. Empezamos falando da Feira do Cocido, despois chegou a proposta e por último puxéronse a pintar todos con ausencia de directriz. Eles traballaron según a sú a propia idea despois de que viran cómo foron os carteis anteriores. Os resultados foron moi personais e muy curiosos. Todo partiu das propostas artísticas do Arte Bruto dos psiquiátricos, que permitiu unha vía de comunicación dos pacientes co resto da xente e comprobaron que os resultados eran realmente extraordinarios.

-Pensou que un de esos traballos, o de 'Pichi', chegaría a ser o auténtico cartel do Cocido?

-O que non imaxinei de principio e que nos cortaran as alas tan pronto. Nin eu nin eles, porque a proposta era moi inocente. O malo foi eso, que se parou dentro da propia residencia cando fun a falar coa dirección e non deixaron sacalo. Aquelo foi unha frustración, pero sete anos despois a Feira do Cocido ten un cartel feito nese obradoiro. O que realmente me da moita lástima e que maior parte dos que participaron nesta actividade con sumo interés non poidan disfrutar de este momento. A familia de Pichi contóume que unha das cousas que lles decía era que fora unha lástima e que non entendía o que pasara coa dirección.

-Debe de ser moi gratificante traballar cos maiores, non?

-Moito porque ves que para eles é moi liberador tamén. Despois de pasar un período en que eles teñen que autovalorarse, facer un traballo de amor propio, empezas por cousas moi sencillas como foi manchar papeis con pintura pero escollendo xa o color que eles querían. O curioso foi que tres meses despois de facer esas manchas en papeis de xornal, fixen un traballo de memoria con eles e leveille a cada un tres deses papeis manchados, un pintado pola persona e os outros por outra xente. A todos lles preguntei cal fora o que pintara e non houbo unha sola persona que fallara, e eran manchas. Nós traballabamos moito cartelería e aproveito para darlle as gracias a Mario Lamazares, que sempre nos apoiou económicamente dende Madrid. Lembro tamén como se poñían en contraste os coñecementos entre os maiores e os nenos. Sínguenme chamando de manera puntual para facer cursos con maiores dende que deixei a residencia.

-Falemos da súa faceta de contacontos. Pensou chegar tan lonxe e facerse profesional?

-Nunca. Se hai vinte anos me din que vou estar vivindo de ser contacontos, pegaríame a risa. En cambio, se o pensara friamente eu sí tiña unha vocación por o que facía cos maiores. De feito o meu traballo na residencia durante dez anos tivo moito que ver coa memoria oral das persoas. Se son un contador particular dentro do panorama pode ser un poco tamén porque me gusta contar historias que me contaron. Non me interesa ter capacidade inventiva para esto, sí me interesa poñer en relevancia a vida de esta xente que me contaron eles na residencia.

-O Contacontos nace ou se fai?

-Eu penso que nace. Pero, como en todo, tamén hai que facerse. Esto o definía moi ben un violonchelista da Sinfónica de Galicia co que traballei un tempo, que decía que tiña unha relación de amor-odio co seu instrumento. Lembraba que cando era neno e os restos dos seus amigos xogaban a pelota, él estaba na casa repetindo as notas. Hoxe en día en violonchelista primeiro da orquestra e vive de eso. Pero recoñecía que hai xente que ten moito talento e que a igualdade de ensaio esa xente parece que lle vai a man ó sitio e que lle vai o sentido á nota concreta. Persevar tamén é importante, penso eu.

Compartir el artículo

stats