Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Lembrando a San Amaro

Á súa festa en Codeseda acudían nos sesenta as mellores orquestras e centos de persoais bailaban na carballeira

Unha vista da igrexa de Codeseda.

Comeza o ano en Codeseda coa primeira das moitas advocacións que se celebran nesta parroquia. O día 15 de xaneiro trae o santoral como festividade a do glorioso San Amaro.

Esta parroquia segue a celebrar a festividade de San Amaro, por todo o grande, os días 15, 16 e 17 de xaneiro. Misa o día 15 e festa profana que dará comezo con verbena que ameniza o trío La Noche. O sábado día 16, comezará con unha salva de bombas antes da celebración da misa solemne as 13 horas, seguida de procesión que estará acompañada pola Banda de Música Cultural da Estrada. Pola noite, gran verbena coas actuacións da orquestra Marbella e do trío Lembranza. Domingo , día 17, irá adicada ós máis cativos, con xogos infantís.

Recordamos a festa do San Amaro como moi grande en Codeseda. A ela acudían as mellores orquestras que polos anos sesenta soaban no noso país. As tabernas non daban abasto -cinco había naquela época- a pesar da competencia da tasca que se instalaba para tal ocasión nos desaparecidos cubertos (¿onde se agacharía Patrimonio pois foron guindados pola Santa Madre Igrexa) da famosa Carballeira da Feira, ou Veiga da Trigueira -como era coñecida a principios do século XX- onde centos de persoas bailaban, pasodobles, cumbias, corridos mexicanos... Tamén é certo que ningunha festa remataba sen unha pelexa, que era a encargada de darlle motivos á parella da Garda Civil para desfacer a festa. Despois de entenrecer á comisión a festa continuaba hasta a hora que o gobernador civil autorizara e esta non pasaba das dúas da madrugada. Ao remate os emigrantes de Francia, Suiza e Alemaña poñían en marcha os motores dos seus coches e con borracheiras impresionantes sentábanse ó volante facendo derrapes na folla caída. Non había proba de alcoholemía.

Pero quen nos encargou este artigo, quere algo máis que contos dun vello sobre o día de San Amaro en Codeseda así que nos puxemos a rebuscar entre os vellos xornais da Estrada e a fortuna estaba ao noso carón.

Isto é o que narraba o xornal de tirada quincenal "A Palanca" con data 31 de xaneiro do ano 1935, sobre a devandita festa;

CODESEDA

"El San Mauro de Codeseda.- Se celebró esta fiesta popular y tradicional el 15 con éxito superior al sospechado. A ello contribuyeron de consumo la brillantez del día y la valía de los elementos artísticos que le amenizaron.

A las ocho y media de la mañana se comenzó oficialmente la romería con disparo de muchas bombas.

A las diez llegaron a Codeseda las bandas de Lantaño y Carballino, que saludaron seguidamente a la Villa con la interpretación de música alegre, y, a continuación, ejecutaron diversas piezas de concierto, hasta las doce en que dio comienzo la misa solemne.

En toda la mañana no dejaron de decirse misas rezadas en la iglesia parroquial, a las que asistieron numerosos fieles que desde muy temprano, llegaban de todas partes.

La misa mayor fue interpretada a toda orquesta por nutridos elementos de la banda de Carballino. La Comisión de fiestas pudo perfectamente comprobar el acierto de sus acuerdos en este punto, pues ha causado muy buen efecto entre los numerosos fieles

Un distinguido pasionista de Caldas de Reyes, explicó el elocuentemente los méritos del glorioso S. Mauro.

Procesión tradicional y vistosa a continuación.

Gran alarde pirotécnico de Gaiteiro, con fuego en tiroteo incesante de tipo artillero, muy numeroso.

Las bandas en doble emulación, hacen demostraciones interesantes.

Como el programa de festejos de la mañana se ha concluido, la gente se desparrama por el extenso campo de la Trigueira, haciendo los honores a las meriendas.

A la tarde los romeros no dejan un solo instante de visitar al milagroso San Mauro, para realizar promesas y hacer entrega de ofrendas.

No pudo celebrarse el concurso de canto regional, por inasistencias de parejas participantes, con arto sentido de la Comisión de festejos.

A partir de las cuatro de la tarde, la concurrencia de gente era realmente extraordinaria; se veían personas de todas las edades, de Forcarey, Cerdedo, Cequeril, Rivela, etc. Y sobre todo de La Estrada. El campo de la romería estaba totalmente invadido.

Las bandas de Carballino y Lantaño demostraron en la segunda mitad del día y durante el tiempo restante de la fiesta todo lo que valen, llamando poderosamente la atención Carballino al interpretar algunas obras de música portuguesa recibió unánimes aplausos.

Nueva actuación del Gaiteiro; la nocturna de singular mérito.

La Comisión de Fiestas, que estimuló la asistencia a la romería y anticipadamente la agradeció, cumple con un satisfactorio deber al estimar con toda efusión el realce que a la fiesta ha proporcionado los forasteros con su presencia."

Moitas grazas, e feliz ano. Para os de Codeseda, non sabedes a sorte que tendes podendo celebrar as vosas festas. Non esquezades que en abril está de festividade o noso Patrón, San Xurxo.

Compartir el artículo

stats