Xosé Baamonde: "Cada vez os comunicadores son máis necesarios"

O responsable académico pensa en dobles titulacións que "den resposta ó mercado laboral"

19.12.2015 | 04:46
Xosé Baamonde. // Duvi

Xosé Baamonde é dende onte o novo decano de Ciencias Sociais e da Comunicación, despois de que as súa candidatura recibise o 84% dos votos na Xunta de Facultade. Contabilizaronse 32 votos a favor, 5 en contra e unha abstención, un respaldo maioritario que "é unha responsabilidade pero tamén da unha seguridade, á hora de tomar decisións sabes que tes respaldo suficiente", sinala o novo resposable do centro. Natural de Ribeira, está casado cunha trasdezá, coa que ten un neno en vive en Silleda. Traballou como xornalista na Semana Verde.

-Somentes se presentou vostede ás eleccións. É tan difícil dirixir esta facultade?.

-A xestión non está moi valorada na carreira académica, nestes momentos sobre todo premiase a investigación e a xestión é un pouco a irmá pobre, pero igualmente é ilusionante poder traballar e contribuir a que funcione ben algo como é a docencia na que eu me plantexo estar 20 ou 25 anos, eso é o que me impulsou a tomar a decisión.

-Que obxectivos se propón?

-O primeiro é continuar a labor dos equipos decanais anteriores que conseguiron con esforzo crear un clima de traballo agradable e a partir de ahí eu entrevisteime con todos os membros dos distintos colectivos da facultade para coñecer as súas demandas e en base a eso establecimos tres eixos de actuación,que serían o diálogo con toda a comunidade do centro para fomentar a participación, e para eso é necesario o segundo eixo que sería a transparencia, que a xente esté informada de todo o que acontece, e sobre todo, a eficacia, que é buscar o máximo rendemento cos escaso medios que temos na actualidade.

-Como afecta ó centro a crise e os recortes económicos derivados?

-Afecta sobre todo en temas de infraestructuras e equipamentos, nós temos varios plans de traballo, un de actuación preventiva e seguridade laboral, outro de accesibilidade etc, e terémolos que facer pero temos que buscar fórmulas para financiar todas as opcións propostas neses programas.

-Son malos tempos para os comunicadores?

-Ó contrario, penso que cada vez os comunicadores son máis necesarios e a comunicación é máis necesaria, hoxe é imprescindible para lograr que unha empresa, institución ou organización sexa visible e non somentes iso, porque a visibilidade pódese conseguir de moitos xeitos, senón unha visibilidade acompañada dunha reputación, dun prestixio, e para eso necesitanse profesionais, no valen amateurs, e para eso existen estas titulacións que forman a xente capaz de xestionar a comunicación e xerar unha imaxe positiva dunha empresa.

-Un escenario de sobreinformación demanda cada vez máis profesionais capaces de xestionar a comunicación?

-Evidentemente hai unha función moi importante, que é a de seleccionar que contidos son válidose os profesionais da comunicación non somentes teñen que saber comunicar senón tamén seleccionar as fontes, xerarquizalas e ofrecer a información precisa que busca o público.

-Pénsase na incorporación de novas titulacións.

-Queremos incrementar a visibilidade dos tres títulos que ofertamos no centro, os tres son interesantes para o alumnado, as titulacións de Comunicación son esenciais para calquer empresa que queira ter visibilidade e reputación, o grado de Dirección e Xestión Pública é unha titulación que pode servir para diversos temas, a medio camiño entre Dereito, Políticas e Económicas, por exemplo para unhas oposicións de Facenda, creemos que temos que seguir dandoas a coñecer. Tamén queremos incrementar os convenios de mobilidade do noso alumnado e profesores, tamén dos que veñan doutras universidades, e buscar tamén dobles titulacións para con outras facultades e títulos dar resposta ás demandas do mercado laboral, é dicir queremos estudiar cales son os títulos que están sendo máis demandados e dar resposta a esa demanda.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine