| O estudantado dos CEIP Nosa Señora da Piedade,Cerdeiriñas e Merza gozaron onte (arriba esquerda) do proxecto teatral e literario da compañía Os Quinquilláns e Editorial Galaxia que tivo lugar no Auditorio Municipal Xosé Casal de Vila de Cruces. O Espantallo Amigo de Neira Vilas foi a obra escollida pola agrupación teatral nun sentido homenaxe á figura do recentemente finado escritor de Ges.

Pola súa banda, a Residencia de Maiores de Cruces viviu tamén onte a primeira xornada da súa programación de Nadal coa visita dos nenos da Escola Infantil Galiña Azul do concello. O cantautor Manoel de Felisa actuou patrocinado por Mapfre Silleda despois de que os rapaces regalasen un cuadro debullado por eles e os maiores fixeron o mesmo cunha moneca feita de ganchillo. A xornada rematou co tradicional xantar de Nadal e a entrega de diplomas polo alcalde Jesús Otero.