O flamante mestre don Paco enfrontaba a angueira docente conforme os designios da Lei Moyano (promulgada en setembro de 1857 e vixente deica agosto de 1970).

A lexislación educativa contemplaba o ensino obrigatorio dende os 6 até os 9 anos e de balde para os que demostrasen que non podían pagalo. Alén da iniciativa privada, os concellos, auxiliados polo Estado, sostiñan cos seus orzamentos as escolas de primeira ensinanza.

Polo artigo primeiro da dita lei: "La primera enseñanza se divide en elemental y superior".

Polo artigo segundo: "La primera enseñanza comprende: Doctrina cristiana y nociones de Historia sagrada, acomodadas a los niños. Lectura. Escritura. Principios de gramática castellana, con ejercicios de ortografía. Principios de aritmética con el sistema legal de medidas, pesas y monedas. Breves nociones de agricultura, industria y comercio, según las localidades".

Polo artigo cuarto: "La primera enseñanza superior comprende: Principios de geometría, de dibujo lineal y de agrimensura. Rudimentos de historia y geografía, especialmente de España. Nociones generales de física y de historia natural acomodadas a las necesidades más comunes de la vida".

Polo artigo quinto: "En las enseñanzas elemental y superior de las niñas se omitirán los estudios de que tratan el párrafo sexto del artículo 2º (Breves nocións de agricultura?) y los párrafos primero y tercero del artículo 4º (Principios de xeometría... e Nocións xerais de física?), reemplazándose con: Labores propias del sexo. Elementos de dibujo aplicado a las mismas labores. Ligeras nociones de higiene doméstica".

O vespertino El Eco de Santiago do mércores 16 de abril de 1913, baixo o epígrafe "Instrucción Pública" (páx. 2), publica: "Se remitieron a la Subsecretaría del Ministerio de Instrucción Pública los expedientes de Reválida de [...] D. Francisco Gerardo Varela Buela, para la expedición de los correspondientes títulos de maestros superiores".

El Noticiero Gallego do 11 de novembro de 1916 (páx. 2), baixo o titular, "Asociación Provincial de Maestros", informa que Francisco Varela Buela solicitara o seu ingreso na devandita asociación. Na xunta xeral ordinaria celebrada o 27 de outubro na Escola Normal, á que asistiran "contadísimos maestros", examináronse as contas ("saldo a favor de 164'07 pesetas") e recomendóuselles aos docentes que se subscribisen aos xornais madrileños El Mundo e El Imparcial, escolléndoos "por su labor decidida a favor y defensa del Magisterio español".

El Noticiero Gallego do 18 de maio de 1917 (páx. 2), informa que o mestre Francisco G. Varela Buela é un dos aspirantes ao concurso de traslado. Naquela altura, don Paco xa percibía un soldo de 1.100 pesetas anuais. O 25 de xullo, a mesma cabeceira informa (páx. 3) do traslado de Francisco Varela Buela de Crecente a Oia. No Suplemento de La Escuela Moderna do 18 de maio de 1918 (páx. 792), lemos que Varela Buela é trasladado de Oia (Pontevedra) ao Barco de Valdeorras (Ourense).

Por El Noticiero Gallego (agora, "Revista de Primera Enseñanza") do 4 de xuño de 1918 (páx. 3), sabemos que o mestre Francisco G. Varela Buela solicitara tomar parte nunhas oposicións, co obxectivo de acadar unha praza que lle supuxese percibir 2.000 pesetas de soldo.

Obriga de funcionarios, pola primeira de El Eco de Santiago do sábado 27 de decembro de 1919, sabemos que Francisco Varela Buela mostrara a súa adhesión aos actos da "Asamblea de afirmación católica de maestros nacionales de Galicia". Baixo o reinado de Afonso XIII, presidía o Goberno o conservador Manuel Allendesalazar.

Por El Noticiero Gallego do 11 de febreiro de 1923 (páx. 3), sabemos que o mestre don Paco presentara unha instancia para o concurso xeral de traslado.

Por mor do golpe de Estado do 13 de setembro do ano 23, interrómpense os procesos electorais, disólvense os concellos, prohíbense os partidos políticos e suspéndese a Constitución (1876). Auspiciada por Afonso XIII, dá comezo a ditadura de Primo de Rivera (1923-1930).

Polo madrileño El Magisterio Español ("Periódico de Instrucción Pública") do 16 de febreiro de 1924 (páx. 427), sabemos que Francisco Varela Buela remitira un artigo a esa redacción, protestando polo sistema das oposicións restrinxidas, filtro establecido para ascender no escalafón do Maxisterio.

Na primeira do xornal pontevedrés Progreso do venres 7 de marzo de 1924, baixo o titular "Instrucción pública. Ascenso de maestros", lemos que Francisco G. Varela Buela, xa instalado en Cerdedo, pasara a percibir 3.500 pesetas de soldo anual. O semanario El Noticiero Gallego do 11 de marzo (páx. 2) tamén se fai eco da "Corrida de escalas".

Na páxina 2 do xornal El Diario de Pontevedra do mércores 14 de maio de 1924, baixo o titular "Instrucción pública", lemos: "Ha sido remitida a la Superioridad una solicitud del maestro de Cerdedo, D. Francisco G. Varela Buela, para que, al adjudicarse escuelas por el cuarto turno, se tenga en cuenta su ascenso al sueldo de 3.500 pesetas".

Proba do seu compromiso, da súa honestidade e rectitude moral, ao pouco de chegar don Paco a Cerdedo, o pobo xa o nomea alcalde, en substitución de Salvador Civeira. Estaba a piques de cumprir 34 anos. No xornal vigués El Pueblo Gallego do xoves 12 de xuño de 1924 (páx. 6), baixo o titular "Notas de Cerdedo. Nuevo alcalde", lemos: "En la reunión del pleno de este Ayuntamiento, verificada ayer para proceder al nombramiento de alcalde por dimisión de D. Salvador Civeira, ha sido elegido con gran acierto, nuestro cultísimo amigo D. Francisco Varela Buela, maestro nacional y persona que, por su modestia, goza de muchas simpatías entre todo el vecindario. Tiene el señor Varela virtudes engendradas en la fortaleza de ánimo e inspiradas por los sentimientos de honradez y justicia que le hacen merecedor del aprecio de todos los que en la sociedad sean hombres íntegros.

No sabemos medir sus méritos, pero sabemos que tenemos un alcalde. ¡Qué falta nos hacía!

De sus compañeros de Concejo esperamos se liguen y cooperen con él, que, joven, probo y celoso, sabrá guiarles por la buena senda de gobierno que el pueblo necesita.

No podemos por menos de congratularnos de este nombramiento".

Malia carecer de sinatura, non hai dúbida que o autor da nota é o correspondente de El Pueblo Gallego en Cerdedo, Francisco Varela Garrido Pancho. Don Paco (34 anos) e Pancho (24 anos), o "tándem dos homónimos", principiaban unha froitosa etapa de complicidade e colaboración.

A páxina 3 de El Noticiero Gallego do 4 de xullo de 1924, baixo o titular "Maestro alcalde", corrobora: "El culto maestro nacional de Cerdedo, don Francisco G. Varela Buela, ha sido nombrado alcalde presidente de aquel ayuntamiento.

Reciba tan estimado amigo nuestra más cordial enhorabuena".

Na páxina 3 do xornal El Compostelano do martes 2 de decembro de 1924, lemos que Varela Buela, canda outros mestres, solicitara inscribirse nas oposicións a soldos de 5.000 pesetas (anuais).

En El Pueblo Gallego do sábado 31 de xaneiro de 1925 (páx. 11), na sección "Información regional. ¡¡De nuestros corresponsales!!", lemos: "Cerdedo. Nuestros representantes.- Después de pasar unos días en Madrid, con motivo del homenaje a SS. MM., tenemos de vuelta al alcalde don Francisco Varela con los concejales señores Lorenzo y Espasandín. El amigo Rosendo se nos quedó dando unos paseos por la ciudad de las Burgas, y esperamos llegue mañana. ¡Cuánto tiene que contarnos!". Ben seguro, redacta a nota o correspondente, Pancho Varela.

Por El Magisterio Español do 29 de marzo de 1925 (páx. 802), sabemos que Francisco G. Varela Buela fora admitido nuns exames de oposición para ascender no escalafón do Maxisterio. O primeiro exercicio efectuaríase no paraninfo da Universidade de Madrid o día 6 de abril. Achegábanse os cuestionarios (ciencias e letras) e publicitábanse as "Cartillas pedagógicas" que constituían a ""Biblioteca del maestro" más moderna, instructiva y económica publicada".

Por El Magisterio Español do 13 de maio de 1925 (páx. 355) sabemos que Varela Buela aprobara o primeiro exercicio de letras.

En El Pueblo Gallego do domingo 4 de abril de 1926 (páx. 15), o dito correspondente informa da apertura dunha subscrición, en Cerdedo, para concluír as obras do campo de deportes do Sangal. Francisco Varela Buela colabora con 15 pesetas (ídem, no bonaerense El Heraldo Gallego do 9 de maio de 1926).

Na páxina 7 do semanario El Heraldo Gallego ("Órgano de las colectividaes gallegas en El Plata") do 24 de outubro de 1926, lemos: "Dimisión sentida.-Por motivos de salud, ha presentado la dimisión de su cargo nuestro digno alcalde don Francisco Varela Buela".

Continuará...