Recoñecemento a veteranos e colaboradores

30.11.2015 | 02:30

A Carballeira aproveitou o cumpreanos para obsequiar, con pelouros artesanais, a persoas e entidades que axudaron á súa consolidación. Fernando Rodríguez e Lucía Castro foron os encargados de presentar os premios, que foron para: José Luis Blanco, primeiro presidente, que defendeu a rendibilidade dos investimentos en Cercio como centro dunha área formada por once parroquias, "o territorio equivalente a moitos concellos"; a agrupación cultural "nai", personificada no seu presidente, José Luis Castro Pol; os tres profesores de gaita e baile do grupo -Plácido Rozas, que, parafraseando a Neira Vilas, se definiu a si mesmo como "un gaiteiro de aldea, coma quen di, un ninguén"; Juan Morandeira (ausente onte por unha doenza) e Marita Casal-; David Fiúza, director de banda e autor de O Pasodoble de Cercio; Alberto Barrio, artesán creador dos premios do grupo; Teresa Taboada, de firma lalinense de modas que confecciona os traxes do grupo; a agrupación irmá Xirandola, da Bandeira; Faro de Vigo e outros medios locais; e "os cinco máis importantes" a outros tantos compoñentes que "nunca desfaleceron": Xurxo Salgado e Fátima, Felipe, Margarita e Román, todos da familia Carballal.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine