Pregoeiro da vindeira edición da Feira do Cocido

28.11.2015 | 02:59

Entre os proxectos que tiña apalabrados Xosé Neira Vilas figuraba a súa participación, a finais de ano, na recepción no Museo de Pontevedra da obra de Castelao que procede de Miami. Máis preto da xeografía dezana, estaba previsto que o escritor fose o pregoeiro da 48ª Feira do Cocido, que terá lugar o próximo 31 de xaneiro. O alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, lembra a boa disposición e receptividade de Neira Vilas o día que lle pediu "que se sumase á nómina de escritores como Otero Pedrayo ou Álvaro Cunqueiro, que tamén foron pregoeiros da feira". O rexedor engade que a presenza de Neira Vilas ía servir para evidenciar o cambio de modelo neste evento gastronómico. "Nesta ocasión, o tradicional palco de autoridades tan só ía estar ocupado polo escritor e por un grupo de nenos e nenas, sen a presencia abafante e estrambótica de políticos que se vivía noutros anos". Así tamén quedaba claro o papel do literato cruceño como difusor da literatura entre os máis novos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine