Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

María Teresa Conzález Piñeiroa: "O machismo é algo aprendido e cultural, e está latente en todos os eidos sociais"

"Gustoume moito o lema do concurso e o formato carta polo que ten de íntimo"

María Teresa González Piñeiroa, gañadora do Dillo a quen maltrata.

Baixo o título de Benquerida Liberdade, a carta da mestre salmantina María Teresa González Piñeiroa acaba de proclamarse vencedora da edición número doce do concurso Dillo a quen maltrata convocado polo Concello de Lalín dentro dos actos conmemorativos do 25 de novembro. A profesora conqueriu unha Tablet Android e diploma nun certame no que participou por primeira vez. A entrega dos premios do certame lalinense terá lugar o sábado 21 de novembro, ás 20.30 horas, no Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis.

-Que foi o que lle animou a participar no concurso lalinense?

-O primeiro porque ao centro onde traballo chegóunos información sobre este concurso tan interesante e chamóume moito a atención o seu plantexamento. Eu levo anos tratando o tema da igualdade cos meus alumnos nas clases de galego no instituto de Ribadeo. A loita contra a dominación machista é algo transversal na miña vida.

-Coñecía o certame organizado polo Concello de Lalín?

-A verdade é que non, pero gustoume moito o lema de dille a quen maltrata e tamén o formato carta polo que ten de íntimo e persoal. Eso foi o que máis me animou a presentarme e nunca pensei en gañar nin en nada parecido. Simplemete quixen aportar a miña visión persoal sobre o asunto.

-Que o que quixo transmitir cunha carta como a gañadora?

-Basicamente que toda esta violencia de xénero está na razón mesma do machismo. Estou convencida de que o machismo é algo aprendido e cultural. Seguimos educando aos nenos igual que cando nacín eu, e diso xa fai moito tempo. As mulleres da miña xeración criáronse escoitando contos como o de Brancaneves e Carapuchiña Vermella no que aparecen nenas débiles e sumisas agardando sempre por un príncipe azul que as rescate e coussas semellantes, que están tan vencelladas ao máis rancio heteropatriarcado.

-Cal é a súa proposta alternativa a este tipo de narracións?

-Hai que darlle a volta a este tipo de contos como fago nos meus obradoiros de igualdade no instituto onde traballo. Penso que ese material deberíase adaptar para que os nenos non estén tan empapados de tanta mensaxe machista como teñen ao seu redor, e falo de cancións machistas, toda a literatura que len e moitas facetas máis da sua vida cotidiana.

-Como activista feminista, cómo pensa que se podería mudar estas actitudes machistas na sociedade na que vivimos actualmente?

-Hai un machismo latente que está en todolos eidos da sociedade na que vivimos agora mesmo. O futuro está na solidariedade entre todalas as mulleres. O noso horizonte ten que estar na igualdade. Penso que ese ten que ser o obxectivo porque é o único xeito de rematar cunha lacra tan grande.

Compartir el artículo

stats